Este venres 11 de xuño, nova visita comentada de Os Quinquilláns no Pazo de Goiáns

10 Xullo 2025

Este venres 11 de xuño haberá no Pazo de Goiáns (Boiro) unha nova visita teatralizada e comentada a cargo de Os Quinquilláns, a partir das 20.30 horas.

Estas visitas comentadas están dirixidas a mostrar polo miúdo, dun xeito divertido e tamén divulgativo, os importantes tesouros arquitectónicos e ambientais do pazo e, tamén, a súa historia no tempo.

O programa vén da man do Concello de Boiro e as sesións serán conducidas novamente polo grupo Os Quinquilláns, compañía teatral especializada no teatro de rúa e infantil, que conta cunha longa experiencia recreando algúns dos fitos máis destacados da nosa historia e da nosa cultura.

As visitas estanse a levar a cabo nos meses de maio, xuño e xullo.

Estas visitas, que se veñen realizando na época estival, teñen como finalidade coñecer o noso patrimonio e a historia de Goiáns a través das personaxes que o habitaron.

Para participar é necesario inscribirse previamente na Casa da Cultura de Boiro ou no 981 84 84 25.

Inscrición previa na Casa da Cultura de Boiro.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.