A segunda Xuntanza de Esculturas de Area de Ribeira celébrase este sábado 19 de xullo na praia do Rebalo, en Aguiño, coincidindo coas festas da parroquia e en horario de 10:00 a 14:00 horas. Trátase dunha actividade dirixida á rapazada de 3 a 12 anos. As inscricións poderán facerse de xeito presencial na Oficina de Turismo do porto de Ribeira ou ben chamando ao número 981 87 30 07. A xuntanza contará este ano coa colaboración activa da asociación inclusiva Ambar. Os premios serán para os tres primeiros clasificados, ademais haberá agasallos para todos os inscritos que serán un máximo de 100 nenos e nenas. Esta iniciativa está promovida polas concellerías, de Mar, Turismo e de Servizos Municipais do Concello de Ribeira. Este ano o evento será gravado con tres drons, de forma altruísta e sen ánimo de lucro, por Óscar Maya, Rubín Cádiz e Droninhood.




