Este 12 de xullo celébrase a I Andaina Saudesport Barbanza, con saída de Portosín

07 Xullo 2025

Este vindeiro sábado 12 de xullo vaise celebrar no territorio de Porto do Son a primeira edición da Andaina Saudesport Barbanza, baixo o epígrafe Unha subida épica cara ao monte Iroite. A saída está fixada para as 9.30 horas na contorna do Polideportivo de Trapa, na localidade de Portosín. Serán 14 quilómetros de percorrido, con 670 de desnivel positivo. Haberá avituallamentos, sinalización e toda a seguridade organizada por Saúdesport Barbanza co apoio do Concello de Porto do Son. As persoas interesadas en participar poden formalizar a súa inscrición a través do documento habilitado na Rede. A organización informou de que as prazas son limitadas: só 200. O destino será a base militar EVA 10, no monte Iroite.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.