En Taragoña preocupación na comunidade educativa do CEP Xosé María Brea Segade pola situación en 4º de Primaria

10 Xullo 2025

A ANPA do CEP Xosé María Brea Segade de Taragoña, volve facer pública a súa profunda preocupación pola situación que atravesa a aula de 4º de Primaria do centro, á que cualifica de “crítica” e “insostible” tanto a nivel pedagóxico como organizativo.

Nun comunicado, a entidade denuncia que o número de alumnos na aula superará no curso 2025/26 o límite legal establecido no artigo 11 do Real Decreto 132/2010, que fixa un máximo de 25 estudantes por aula en Educación Primaria. A realidade será de 26 alumnos, dos cales 3 son ponderados, o que eleva a ratio efectiva a 29.

A ANPA destaca ademais a elevada concentración de alumnado con Necesidades Educativas Especiais (NEE) e Necesidades Específicas de Apoio Educativo (NEAE) nesta aula, o que dificulta aínda máis unha atención axeitada e equitativa.

A pesar das reiteradas solicitudes realizadas ao longo dos últimos cursos, a asociación lamenta que “non temos recibido unha resposta positiva por parte das autoridades educativas” e esixe solucións concretas e inmediatas.

Entre as principais demandas que a ANPA reitera con urxencia figuran:

  1. O desdobre inmediato da aula de 4º de Primaria, habilitando unha nova unidade con profesorado específico a tempo completo, para garantir unha atención de calidade.
  2. A creación dun departamento de Orientación propio, pois o actual modelo compartido resulta claramente insuficiente para atender o alumnado con NEE e NEAE.
  3. A asignación dun especialista en Audición e Linguaxe (AL) a tempo completo, ante a falta de atención suficiente para os alumnos con estas necesidades.
  4. Un mestre/a adicional de Pedagoxía Terapéutica (PT) que permita reforzar os apoios e ofrecer unha intervención máis eficaz e continuada.

A ANPA insta á Xefatura Territorial e á Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos a actuar con responsabilidade e dilixencia, adoptando as medidas necesarias para garantir o dereito do alumnado do CEP Xosé María Brea Segade a recibir unha educación pública de calidade, inclusiva e respectuosa coa legalidade vixente.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.