En Ribeira as Festas de Verán obrigan a profundos cambios na circulación e o estacionamento

28 Xullo 2025

Comezou a conta atrás para o inicio das Festas de Ribeira e o acondicionamento temporal do espazo portuario para acoller as atraccións das festas obrigou, como de costume, a profundos cambios na circulación e no estacionamento en Santa Uxía. Para comezar, a partir das 15,00 deste sábado 26 de xullo restrinxiuse aparcar e circular nas seguintes zonas: avenida do Malecón, explanada portuaria (onde ten lugar cada sábado o mercadño ambulante) e avenida das Airós. En termos concretos, os principais cambios manifestáronse en que xa non está permitido estacionar en toda a área portuaria e, ademais, estableceuse a dobre circulación nun dos carrís do Malecón para deixar libre o outro carril e habilitar aí os postos dos feirantes.

Ademais, estará restrinxida a circulación e/ou o estacionamento nas seguintes zonas urbanas:

-Avenida das Airós (a vía de acceso á actual Comisaria de Policía Nacional), a partir das 15:00 horas do sábado 26 de xullo, estará prohibido o estacionamento (reserva espazo para feirantes).

-Praza dos Mariñeiros (a rúa a carón do Parque Pedra Pateira), a partir das 08:00 horas do mércores 30 de xullo, estará prohibido o estacionamento.

-Praza de Pontevedra (vía lindeira coa antiga fábrica de Cerqueiras), a partir das 08:00 horas do mercóres 30 de xullo, estará restrinxida a circulación e estacionamento por motivo da instalación do palco e actuación da orquestra.

-Rúa Portugal (vía da parte posterior do antigo Auditorio Municipal), a partir das 08:00 horas do mercóres 30 de xullo, estará restrinxida a circulación e estacionamento por motivo da instalación do palco e actuación da orquestra.

-Rúa Estatuto (vía onde está emprazada o colexio Galaxia), a partir das 08:00 horas do domingo 3 de agosto, estará restrinxida a circulación e estacionamento por motivo da celebración da tradicional sardiñada.

A Policía Local de Ribeira informou de todos estes cambios ao detalle e aproveitou para pedir desculpas polas molestias ocasionadas á veciñanza.

Outros artigos

Estabilizado o lume de Ribasieira (O Son)

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello coruñés do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou estabilizado ás 18,15 horas de hoxe. O lume iniciouse ás 14,42 horas de onte e segundo as últimas estimacións provisionais...

+

Este mércores 23, comeza o outono logo dun verán de récord

Este verán foi o de maior número de días con temperatura máxima por riba dos 30 graos en Compostela, segundo datos do Observatorio Astronómico da USC Comeza o outono. Foto: Santi Alvite Ás 2:05 horas do mércores 23 dá comezo o outono no hemisferio boreal. Esa hora...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.