En Olveira, Ribeira, dúas persoas feridas graves e unha leve nun accidente na AC-303

07 Xullo 2025

Os bombeiros do parque Provincial de Ribeira foron alertados este mediodía por un accidente de tráfico na AC-303, ao seu paso por Olveira, no concello de Ribeira. No incidente resultaron feridas tres persoas, dúas delas graves, que tiveron que ser trasladadas ao hospital da Barbanza.

Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento A Coruña

O 112 Galicia tivo constancia dos feitos dez minutos despois do mediodía, a través do sistema de aviso automático dun dos vehículos implicados. Durante a primeira comunicación, sinalouse que había polo menos un ferido e, pouco despois, os medios no punto engadiron que varias persoas permanecían no interior dos coches.

Nada máis recibir a información sobre este accidente, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitaron a intervención de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos Bombeiros e do GAEM de Ribeira, da Garda Civil de Tráfico e dos axentes da Policía Local.

Os bombeiros confirmaron logo de valorar a situación que había tres persoas feridas, pero que estaban liberadas e accesibles.

Estas foron atendidas e posteriormente trasladadas en ambulancia polos servizos sanitarios.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.