Domingo 6, nubes e claros e baixa da temperatura

05 Xullo 2025

Os ceos estarán parcialmente nubrados no norte, onde se agarda a posibilidade de precipitacións febles, especialmente nas horas centrais. Pola contra, o sur de Galicia manterase con alternancia de nubes e claros, e mesmo ceos despexados no extremo sur.

As temperaturas experimentarán un acusado descenso na metade norte, mentres que no sur os valores térmicos se manterán máis elevados. Esta situación deixará unha marcada diferencia térmica entre comarcas, especialmente entre as provincias da Coruña e Lugo respecto a Ourense e Pontevedra.

O vento soprará frouxo de compoñente norte, aínda que será moderado no litoral entre Fisterra e A Guarda, contribuíndo á sensación de fresco nas zonas costeiras do Atlántico.

meteogalicia

O noso mar: Vento do norte á mañá e á noite e do noroeste á tarde, forza 3 a 4 á mañá, 4 a 5 á tarde e 3 a 5 á noite. Marusía á mañá e á noite e forte marusía á tarde. Visibilidade boa. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 0.5 a 1.5 metros.

Outros artigos

O filme Salvaxe, Salvaxe proxéctase este venres en Noia

Este venres, o lobo ibérico chega á Casa da Cultura de Noia. O 23 de outubro, ás 20:00 h, a Casa da Cultura Antón Avilés de Taramancos acolle a proxección de Salvaxe, salvaxe, de Emilio Fonseca. Trátase dunha película incluída na programación contratada pola...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

Conté en comentarios anteriores la historia del italiano, Enzo Rossi, director de unafábrica de pasta, que en el año 2007 se asignó un sueldo de 1.000 euros al mes paraexperimentar en carne propia si era posible vivir con esa cantidad y comprobar así lascondiciones...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.