Domingo 20, ceos con alternancia de nubes e claros e chuvascos dispersos

19 Xullo 2025

Este domingo, Galicia situarase nunha zona intermedia entre altas e baixas presións, o que dará lugar a unha xornada de ceos parcialmente cubertos, con alternancia de nubes e claros. Agárdanse chuvascos dispersos, especialmente durante a mañá e na comarca e na metade oeste aínda que tenderán a remitir co avance do día.

As temperaturas non experimentarán grandes cambios, aínda que se prevén lixeiros descensos nas máximas, mantendo un ambiente suave propio do verán galego (máximas de 21-22 graos).

En canto ao vento, soprará do oeste-suroeste, en xeral frouxo, aínda que poderá acadar intensidade moderada nas zonas costeiras.

En resumo, unha xornada de transición meteorolóxica, con tempo variable pero sen fenómenos adversos destacados.

meteogalicia

O noso mar: Vento do sudoeste á mañá e á noite e do oeste á tarde, forza 2 a 3. Mar ovellado. Visibilidade regular á mañá e boa á tarde e á noite. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 1 a 2 metros á mañá, 1.5 a 2.5 metros á tarde e 2 a 2.5 metros á noite.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.