Os bombeiros do Parque Provincial de Boiro foron solicitados arredor das 21:27 horas da noite deste martes 8 de xullo polo 112 por un incendio nunha terraza traseira dun edificio na avenida de Barraña, no concello de Boiro.
Na súa chegada ao lugar, unha persoa xa se encargara de apagara o conato de incendio.
Completou o operativo o servizo municipal de Protección Civil de Boiro.




