Con 97 anos e ao pé do canón: Manuel Martínez acomete as reproducións da Torre de Bermúdez e o buque Cabo San Agustín

02 Xullo 2025

Aos seus case 97 anos, Manuel Martínez Rodiño aínda pode presumir de contar cunha vista e un pulso que lle permiten facer o que máis lle gusta: maquetas. Agora mesmo, o pobrense atópase inmerso en dous proxectos en paralelo. Por unha banda, nos labores de restauración, mantemento e arranxo da Torre de Bermúdez e, pola outra, na construción do buque Cabo San Agustín a petición da súa propia familia.

A concelleira de Cultura, Patricia Lojo, destacou o “incríbel traballo de Manuel e a súa estreita colaboración co Concello, ao que xa doou numerosas pezas da súa autoría”. A edil avanzou tamén que en datas vindeiras “organizarase una nova exposición coa que buscaremos por en valor e dar a coñecer a súa obra”.

Martínez Rodiño está realizando ambas obras xunto ao seu sobriño, Rafael Pérez, que describe ao seu tío “como alguén que nunca para, sempre ten algo en mente”. Así, tal e como explica Pérez, Manuel leva desde os 17 anos confeccionando este tipo de pezas e lembra que, ademais dos encargos actuais, o seu tío concluíu e entregou en maio de 2025 unha réplica do vapor de pasaxe que desde o 1917 e durante moitos anos uniu ambas as beiras da ría, de Vilagarcía ata A Pobra.

Agora, segundo os cálculos de Pérez, os labores de restauración da Torre de Bermúdez suporán, aproximadamente, uns sete días. Trátase, como explica Pérez, dunhas tarefas minuciosas e que requiren “de moito coidado e detalle”.

En canto á reconstrución do buque, o tempo amplíase. Así, prevese que estes labores se prolonguen durante os vindeiros oito ou nove meses. Nese caso, Manuel Martínez está facendo realidade este proxecto “a petición miña e dos meus irmáns, xa que nesta embarcación estivo preso o noso avó”. O Cabo San Agustín foi unha embarcación construída polos estaleiros de Bilbao en 1931 e foi incautado pola mariña mercante rusa durante a Segunda Guerra Mundial.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.