Comezan en Boiro as Festas do Verán 2025

04 Xullo 2025

Este venres arrincan finalmente as Festas do Verán 2025 de Boiro, que se van desenvolver do 4 ao 9 de xullo. O programa de actividades engloba propostas tradicionais, tributos, grandes orquestras e iniciativas para a mocidade en tres escenarios distintos. En palabras do Concello, a axenda busca este ano “dar continuidade ao que vimos facendo os últimos anos, unha programación pensada para todos os grupos de idade”.

O alcalde José Ramón Romero e a concelleira de Cultura, María Outeiral, na presentación do cartel das festas

O programa comeza o venres 4 de xullo co pregón que este ano estará presentado por Luis Zahera e estará dedicado á mocidade boirense que destaca en ámbitos como a ciencia, a moda, a innovación, a arte, o deporte. Logo, a verbena da praza de Galicia será a cargo da New York, e no parque da Cachada terá lugar a V Remember Fest. Ademais, no Centro Social acutarán Mondedapena e Curi&Soundivan.

O sábado 5 celebrarase a tradicional malla do centeo cos grupos Lumieira, Os Pequenos do Barbansa e Aroña. Na praza de Galicia a verbena da noite estará amenizada polo tributo a Joaquin Sabina e La Banda de Ayer; e na praza do Centro Social actuará De Ninghures.

O domingo será o día do gran espectáculo piromusical ás 00.00 horas na praia de Barraña que este ano contará coa actuación de Fran Sieira e na praza de Galicia haberá verbena con Origen e Suavecito.

Para o luns, o día das peñas, Peñas Boiro AC ten preparados os xogos peñeiros na Cachada con actuación de The Cuncas e tamén DJ Enter, Marcos Magán, Soundivan e Places. Na praza de Galicia haberá verbena con Assia e Tributo a U2; e na praza do Centro Social Uxía Lambona.

O martes a verbena estará amenizada por Paris de Noia e Marbella; os grupos tradicionais Arume, A Dorniña de Abanqueiro e Xoaniñas, terán tamén un oco no programa do martes e na praza do Centro Social Pava e Señora DJ.

A Panorama e DJ Matrek serán os encargados de poñer o broche final ás festas do verán o mércores 9 de xullo cunha gran verbena na praza de Galicia; mentres que Hugo Guezeta actuará na praza do Centro Social.

PROGRAMA DAS FESTAS DO VERÁN

Venres 4 de xullo 

20.00h – Foguetes dando comezo ás Festas de Boiro 2025

20.30h – Ruada coa charanga BB+

22.00h – Pregón en homenaxe á mocidade referente boirense na Praza de Galicia

22.30h – Verbena coa orquestra New York na Praza de Galicia 

23.00h – Concerto: Montedapena + Curi na Praza da Terceira Idade 

23.00h – V Remember fest e Peñas Boiro AC no Parque da Cachada 

Sábado 5 de xullo 

10.00h – Alborada a cargo de Os Pequenos do Barbansa 

12.00h – Festa da malla na Praza de Galicia coa Asociación Abrañeira, baile galego con Pedra da Aroña e concerto de Lumieira 

22.30h – Verbena coa orquestra La banda de Ayer na Praza de Galicia 

23.00h – Concerto: De Ninghures na Praza da Terceira Idade

24.00h – Concerto tributo a Joaquin Sabina na Praza de Galicia 

Domingo 6 de xullo 

10.00h – Alborada a cargo de Ar de Loureda 

12.00h – Baile galego con Abeloura, Xilbarbeira e grupo de baile de Abanqueiro na Praza da Terceira Idade 

12.00h – Sesión vermú co grupo Tregua na rúa peonil

20.00h – Concerto da Banda de Música de Rianxo na Praza da Terceira Idade

22.00h  – Verbena coa orquestra Suavecito na Praza de Galicia 

24.00h – Gran espectáculo piromusical con Fran Sieira na praia de Barraña 

01.00h – Orquestra Origen na Praza de Galicia 

Luns 7 de xullo 

10.00h – Alborada a cargo do grupo Arume 

12.00h – Cantos de taberna cos grupos Os da Boina e Mar de Cabo 

12.00h – Día das Peñas no Parque da Cachada: Xogos peñeiros, festa infantil, festa da auga e mangueirazo de honra, sesión vermú, xantar peñeiro e sesión DJ

21.00h – Concerto familiar con Uxía Lambona e a Banda Molona na Praza da Terceira Idade 

22.30h – Verbena orquestra Assia na Praza de Galicia 

23.30h – Tributo a U2 na Praza de Galicia 

Martes 8 de xullo 

10.00h – Alborada a cargo do grupo Arume 

12.00h – Cantos de taberna con A Dorniña de Abanqueiro e Xoaniñas 

22.30h – Verbena coa orquestra Marbella na Praza de Galicia 

23.00h – Concerto de Pava + Señora DJ na Praza da Terceira Idade

24.00h – Orquestra Paris de Noia na Praza e Galicia 

Mércores 9 de xullo 

10.00h – Alborada a cargo do grupo Arume 

12.00h – Cantos de taberna con Nunca é Tarde e Aires do Marbella 

13.00h – Sesión vermú con The Cuncas na rúa peonil 

22.00h – Show de DJ Matrek na Praza de Galicia 

23.00h – Concerto de Hugo Guezeta na Praza da Terceira Idade

23.00h – Orquestra Panorama na Praza de Galicia  

2.30h – Fin de festa con DJ Matrek na Praza de Galicia 

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...