Comeza ‘Saudade’, o evento da Deputación que reúne a 13 chefs con máis de 20 estrelas Michelín de todo o Estado na provincia da Coruña

13 Xullo 2025

O Retiro da Costiña acolleu esta noite a cea inaugural deste encontro que terá lugar mañá, luns 14 e o martes 15 en A Pobra do Caramiñal; Ribeira; Santiago de Compostela e Coristanco

O restaurante O Retiro da Costiña acolleu esta noite a cea inaugural de ‘Saudade’, o evento gastronómico promovido pola área de Turismo da Deputación da Coruña co obxectivo de reforzar a identidade culinaria da provincia e promocionala a nivel estatal. A cita, que se desenvolverá ao longo dos días 14 e 15 de xullo, levará a súa proposta a diferentes puntos do territorio como Santa Comba, Santiago, A Pobra do Caramiñal, Ribeira e Coristanco.

O vicepresidente da Deputación, Xosé Regueira, foi o encargado de dar a benvida aos e ás participantes nun acto de apertura que puxo o foco no valor diferencial da gastronomía coruñesa. Regueira convidou aos presentes a mergullarse na diversidade de produtos e sabores autóctonos, nun evento que tamén busca fomentar o contacto directo entre os grandes nomes da cociña nacional e os produtores locais.

En total, 13 chefs recoñecidos a nivel estatal, que acumulan máis de 20 estrelas Michelin, participan neste encontro gastronómico sen precedentes. Entre eles destacan figuras como Alberto Chicote, Diego Guerrero, Paco Morales, Aitor Arregi, Maca de Castro, Begoña Rodrigo, Andoni Luis Aduriz, Toño Pérez, así como os galegos Javi Olleros, Xosé Cannas, Manuel Costiña, Lucía Freitas e Pepe Solla. A expedición tamén está composta por xornalistas especializados e prescritores e prescritoras de prestixio do mundo da gastronomía.

O evento culminará cunha gran degustación de produtos locais, onde os produtores e produtoras da provincia da Coruña serán protagonistas. Nomes como A Conserveira, Bonilla a la Vista, Cafés Lúa, Chichalovers, Cienporcel Abastos, Empanadas Costumes Galicia, Galmesán, Mariscos de Barallobre, Pagos de Brigante, Percebe da Barca Muxía ou Vermú Lodeiros, entre outros, ofrecerán aos asistentes unha mostra da calidade e diversidade que caracteriza ao produto galego.

‘Saudade’ nace con vocación de converterse nun referente do turismo gastronómico e nun escaparate do potencial da provincia como destino de excelencia culinaria, combinando tradición, innovación e territorio.

Primeira xornada: inmersión no mar do Barbanza

Tras a cea inaugural celebrada no Retiro da Costiña, o luns 14 de xullo os participantes trasladáronse á comarca do Barbanza para afondar no mundo mariñeiro. A xornada comezou cunha visita á lonxa de Ribeira, onde chefs, xornalistas e expertos puideron coñecer de primeira man o proceso de captura, subasta e distribución dos produtos do mar.

A experiencia continuou coa visita a un bateeiro, onde tiveron contacto directo co cultivo tradicional do mexillón, un dos produtos estrela da ría. O percorrido marítimo permitiulles entender a relación entre sustentabilidade, oficio e calidade do produto final.

Xa de volta a terra firme, o grupo desprazouse á adega Entre os Ríos, na Pobra do Caramiñal, para gozar dunha cata maridada con conservas da zona, poñendo en valor a harmonía entre os viños locais e a transformación artesanal dos produtos do mar. A xornada rematou cunha cea no Mercado de Abastos de Santiago, un espazo emblemático da gastronomía galega.

Outros artigos

Boiro sumou forzas contra o cancro cunha cadea humana no centro da vila

A Asociación Española conta o Cancro de Boiro conmemorou na tarde deste sábado 17 de outubro o Dia Mundial da Loita contra o Cancro de Mama, que se celebra o 19 de outubro, cunha gran cadea humana e a realización dun lazo na rúa peonil de Boiro. Durante estes días o...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

Foto de Javi Bermúdez na Sala Real Acababa de chover e Javi empuxoume con firmesa coas dúas mans para poñerme debaixo dunha pingueira. Unha pinga conxelada caeu serteira no meu lombo pasando áxil a rentes da caluga e da camiseta, sen tocalas. “Agora xa sabes o que se...

“Derechos”. Roberto Carlos Mirás

“Derechos”. Roberto Carlos Mirás

Dentro de unos días todos los españoles tendrán la oportunidad de cambiar de Gobierno y que éste sea mucho mejor que el anterior. El Gobierno de Pedro Sánchez ha estado rodeado de múltiples investigaciones tanto a nivel personal como el de un presidente que prometió...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.