Comezou este venres a “LXXVII Festa da Dorna” 2025

16 Xullo 2025

O municipio de Ribeira acollerá desde o 18 ao 24 de xullo unha nova edición da Festa da Dorna. As dornas forman parte da vida cotiá dos veciños do municipio ribeirense que manteñen viva a tradición por esta embarcación de pesca, tal é a importancia e representación que teñen as dornas no municipio que as súas festas son catalogadas de Interese Turístico de Galicia.

Resumo dalgúns dos actos:

A festa propiamente dita comeza como o día 18. Haberá Enghalanamento de Fanequeiras (despois de comer), a Serimonia de Inisiasión (pola noite)e Ruta de Tapas Mighelín (á hora do vermú, XI edición) e Macroqueimada (pola noite). Tamén está prevista a chegada do Facho Dorneiro (que percorrerá as rúas de Santa Uxía dende a mañá) e a celebración do espectáculo nocturno Dansin in the sity, con DJS animando a noite en diferentes enclaves estratéxicos de Santa Uxía.

Ao día seguinte, sábado 19 de xullo, celebraranse o Orghullo Ghaiteiro (dende primeira hora da mañá) coas bandas Suasebe, Os Enxebres de San Lázaro, Tahume, Laghareu, Trécola, Os Liantes, Riparia, Borja e Cía, Andavía, Río do Anxo, a Banda de Calo e Os Festas. Ao mediodía proseguirá a Ruta de Tapas e logo, pola tarde, celebraranse os Xoghos de Terra. Pola noite, nas fanequeiras engalanadas, volverá a Cansión de Tasca.

O domingo 20 ferverá de actividades destacadas, algunhas case novas do trinque como o Videomapping previsto para esta xornada e para a do luns 21 (na porta da Igrexa). A xornada do domingo tamén vén coa nova edición do Jran Prix de Carrilanas (como é tradición na costa da Mámoa, polo serán). Logo, pola noite, proseguirá o certame da Cansión de Tasca, coa jran final. E, maiores, consertaso da Banda Xangai na praza da Igrexa (porta do Sol).

O luns 21 será a quenda do Trinautlón Dorneiro (pola tarde na praia de Area Secada) e dun concerto de O Funkillo, pola noite. Previamente ao Trinautlón haberá un concerto de batea na Area Secada con El Clan de los Impostores, sobre as 16.00 horas.

O martes 22 de xullo celebrarase pola mañá a VI edición do Maratasón Infantil, dando paso, logo do xantar, ao Maratasón absoluto. Pola noite actuarán Jijó, West Dubaiey Demon, para rematar a gala coa Batalla de Ghalos Dorneiros.

O mércores 23 celebrarase pola tarde a XXXIII convocatoria do Voo sen Motor (sobre as 16.30 horas) e xusto despois a XXXIII edición dos Xoghos de Mar. Pola noite será a quenda da XXXIV entrega do Exame de Patróns, para dar paso logo a un concerto de Tropa do Carallo (no Malecón).

O xoves 24, Día da Dorna, levarase a cabo a XXXV Reghata de Embarcasións Feitas á Machada e Propulsadas a Pan de Millo na praia de Coroso, con concentración previa, ao mediodía, na explanada do porto de Ribeira. Logo da regata comezará a nova edición da Romaría Dorneira e pola noite, despois do gran desfile de todas as peñas polas rúas de Santa Uxía (o Top Secret) os noieses Monoulious Dop porán o broche de ouro á Festa da Dorna 2025.

ENLACE: PROGRAMA DA DORNA -BITÁCORA COMPLETA

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“De la furia al talento” – José Castro López

“De la furia al talento” – José Castro López

El próximo fin de semana vuelve la Liga y es un buen momento para recordar el triunfo de La Roja en el Mundial y desear que el fútbol español conserve los valores que hicieron posible aquella gesta. En los Juegos Olímpicos de Amberes de 1920, España se enfrentaba a...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.