Belén do Campo comproba o resultado dos recentes traballos para a conservación das dunas de Corrubedo

07 Xullo 2025

A delegada da Xunta na provincia, Belén do Campo, visitou este luns 7 de xullo o Complexo Dunar de Corrubedo e Parque Natural das Lagoas de Carregal e Vixán para ver in situ os resultados dos traballos realizados para frear o avance do piñeiral e outras especies e co obxecto de protexer a integridade da duna, accións que se están a levar a cabo por primeira vez en Galicia. Na súa estadía no concello de Ribeira estivo acompañada pola directora territorial da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, Pilar Arias, e o xefe de servizo de Parques Naturais, Antonio Rodríguez, En Ribeira foi recibido polo primeiro tenente de alcalde do Concello, Vicente Mariño.

A delegada explicou que “as masas arbóreas estaban a ocupar espazos que, orixinariamente, formaban parte dos areais e do propio sistema dunar, alterando así o hábitat propio das dunas costeiras fixas con vexetación herbácea —considerado de interese comunitario prioritario— ao impedir a mobilidade da area”.

Lembrou que o Parque Natural Complexo Dunar de Corrubedo e Lagoas de Carregal e Vixán presenta un importante área litoral que inclúe a maior duna móbil de Galicia, así como outros hábitats dunares e costeiros, e unha zona de lagoas e marismas (lagoa de Carregal e Vixán), e que dado o seu interese para a conservación este enclave inclúese dentro da Zona “Área de Protección” tal e como se reflicte no Plan Director da Rede Natura 2000 de Galicia.

Nesta liña, e co fin de frear o avance do piñeiro, e así protexer a integridade das dunas, a Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático deseñou un plan de eliminación das masas arbóreas que estaban a ocupar espazos que orixinariamente formaban parte dos areais e sistemas dunares de Corrubedo.

Para acadar este obxectivo, a Delegada expuxo que os traballos consistiron na eliminación dos pés destas especies: apeo, derramado, tronzado, amoreado das toradas, e retirada da madeira ata cargadeiro. O proxecto incluíu os custos das operacións de apeo, extracción e amoreamento da totalidade da madeira a pé de cargadeiro para a súa venda directa pola comunidade de montes.

A superficie de actuación foi de 176,57 ha, nas que se traballou con diferentes intensidades: área de actuación intensiva (cando se actuou sobre rodais densos de árbores e matogueira) e área de actuación puntual (relativo a aquelas intervencións sobre pés e plantóns dispersos de árbores e matogueira)

O período de execución dos traballos foi de VINTE (20) meses e comprendeu as datas do 1 de xaneiro de 2022 ao 31 de agosto de 2023.

Belén do Campo destacou que o proxecto supuxo un investimento de 0,5 millóns de euros e contou con financiamento europeo a través do NextGenerationEU para iniciativas que incidan na conservación de ecosistemas mariños e terrestres e a súa biodiversidade.

Así mesmo, tamén agradeceu o apoio e implicación da comunidade de montes da zona, xa que parte da superficie a intervir son terreos da Comunidade de Montes en Man Común de Olveira-Ribeira, e precisábase da autorización dos comuneiros e a posta a disposición dos terreos da comunidade para a execución do proxecto.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.