A Xunta entregará a Medalla de Galicia aos alcaldes de Braga e Porto

15 Xullo 2025

O Consello da Xunta aprobou hoxe conceder a Medalla de Ouro de Galicia aos alcaldes de Braga, Ricardo Río, e Porto, Rui Moreira, que este ano deixan o seu cargo ao chegar ao período máximo de mandato que fixa a normativa portuguesa. Deste xeito, os dous rexidores súmanse á Súa Alteza Real a Princesa de Asturias que tamén recibiu este ano a Medalla de Galicia, a máxima distinción que concede a comunidade galega.

Rueda salientou que Río e Moreira representan “o espíritu de cooperación entre Galicia e o norte de Portugal”, dous territorios que comparten “lazos históricos e culturais, lingüísticos e un ecosistema económico” que xera milleiros de postos de traballo e de relacións humanas aos dous lados da raia. 

Ricardo Río é alcalde de Braga desde 2013 e exerceu diferentes cargos en organismos de cooperación coma o Eixo Atlántico do Noroeste Peninsular, unha plataforma desde a que “sempre reivindicou melloras que redunden na calidade de vida dos veciños de ambas rexións”, segundo indicou Rueda. 

O presidente salientou ademais importantes centros ubicados en Braga cos que Galicia mantén unha “unha activa” colaboración. É o caso do Laboratorio Ibérico Internacional de Nanotecnoloxía, centro pioneiro neste ámbito e co que desenvolven dez proxectos conxuntos.  Ademais a comunidade galega colabora con esta cidade en diferentes actividades culturais como residencias artísticas para creadores de ambas rexións ou programas para promover o cine, a música ou a arquitectura galega en Braga.

No caso de Rui Moreira, alcalde de Porto tamén desde 2013, o presidente da Xunta resaltou que se trata “dun aliado fundamental” á hora de solicitar avances na liña de alta velocidade entre Vigo e Lisboa ou no Corredor Atlántico. Ademáis, Galicia colabora nunha trintena de proxectos coa Universidade de Porto e as dúas rexións cooperan en iniciativas para promover o envellecemento activo ou o turismo.

Rueda explicou que a entrega destas dúas Medallas de Galicia terá lugar, como é habitual, o vindeiro 24 de xullo nun acto en Santiago de Compostela.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...