A Pobra ofrece viaxes personalizadas en veleiro pola ría de Arousa

18 Xullo 2025

A actividade levarase as fines de semana de xullo e agosto, celebrándose a primeira este sábado, día 19.

O Concello da Pobra do Caramiñal lanza, un verán máis, unha das súas propostas estrela: excursións en grupo reducido a bordo dun veleiro pola ría de Arousa, a máis extensa de Galicia. A actividade, plenamente consolidada no programa da Concellería de Turismo, comezará este sábado 19 de xullo e prolongarase durante os fins de semana ata o 24 de agosto.

Durante unha hora e media, as persoas participantes embarcarán no Mascato, veleiro de 11 metros de eslora, para vivir unha travesía pensada para un máximo de dez pasaxeiros. Como explica a concelleira Estefanía Ramos, “falamos de viaxes case personalizadas para garantir que a experiencia sexa o máis individualizada posible”.

As quendas dispoñibles serán:

  • Ás 11:00 h
  • Ás 13:00 h
  • Ás 17:00 h
  • Ás 19:00 h
    Inscricións: Casa Mariñeira (parque do Castelo) ou no correo turismo@apobra.gal
    Info adicional: 671 090 262 / 687 482 835 / 981 843 280 (ext. 2035)

Aventura extra: Este domingo 20 de xullo tamén haberá unha excursión en catamarán á illa de Sálvora, dentro do programa de viaxes ás Illas Atlánticas. Reservas a través de www.piratasdenabia.com ou chamando ó 986 32 00 48.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

Conté en comentarios anteriores la historia del italiano, Enzo Rossi, director de unafábrica de pasta, que en el año 2007 se asignó un sueldo de 1.000 euros al mes paraexperimentar en carne propia si era posible vivir con esa cantidad y comprobar así lascondiciones...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.