A Pobra esgota as prazas dispoñíbeis no seu primeiro curso de Intelixencia Artificial

24 Xullo 2025

O Concello da Pobra do Caramiñal concluíu na mañá deste xoves 24 de xullo a primeira semana de formación do Curso de Intelixencia Artificial organizado desde a Concellería de Mocidade. O programa formativo, que se retomará o 28 de xullo, cubriu todas as prazas dispoñíbeis.

Nas primeiras leccións fíxose unha introdución á Intelixencia Artificial e abordáronse, ademais, as ferramentas de IA baseadas en texto e o uso de aplicacións sinxelas de tradución e corrección de textos. Nas seguintes, o alumnado aprenderá a usar programas de asistencia informática e programación na ofimática e, ademais, coñecerá os aspectos sociais e éticos da IA.

O doutor en Matemáticas da Universidade de Santiago de Compostela, Ramón Barral Lijó, está impartindo a formación. Barral Lijó conta cunha ampla traxectoria docente en España e noutros países como Xapón.

As sesións da vindeira semana desenvolveranse entre o luns, 28 de xullo, e o xoves, día 31, de 11.00 a 13.00 horas, na aula de informática da Casa da Mocidade.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...