A Pobra convida a turistas e veciñanza a coñecer a ría de Arousa a bordo dun veleiro

15 Xullo 2025

Descubrir e gozar da ría máis grande Galicia nun grupo reducido e a bordo dun veleiro. Esa é unha das propostas do Concello para vivir o verán na Pobra do Caramiñal. As saídas neste tipo de embarcación arrincarán este sábado, 19 de xullo, e levaranse a cabo de forma ininterrompida durante as fines de semana de xullo e agosto (ata o domingo, 24 de agosto).

Trátase dunha actividade “consolidada xa dentro do programa da Concellería de Turismo e que conta sempre cunha boas cifras de participación”, tal e como explica a concelleira da área, Estefanía Ramos, que engade que no transcurso destas singraduras, que teñen unha duración dunha hora e media, as persoas participantes teñen a oportunidade de viaxar no Mascato, un veleiro de 11 metros de eslora. Como apunta a edil, “falamos de viaxes case personalizadas ás que asisten un máximo de dez persoas para garantir que a experiencia sexa o máis individualizada posíbel”.

As saídas están previstas para os sábados e domingos de xullo e agosto, ofrecéndose as seguintes quendas: ás 11.00, ás 13.00, ás 17.00 e ás 19.00 horas.

As persoas interesadas en anotarse poderán facelo na Casa Mariñeira (parque do Castelo) ou no correo turismo@apobra.gal. Así mesmo, poderán solicitar máis información nos teléfonos 671 090 262, no 687 482 835 ou no 981 843 280 (extensión 2035).

Viaxe á illa de Sálvora

Ademais do comezo das incursións en veleiro, o Concello celebrará este domingo, 20 de xullo, unha excursión a Sálvora en catamarán como parte do programa de viaxes ás illas do Parque Nacional das Illas Atlánticas.

Neste caso, as persoas interesadas deberán realizar as súas reservas a través da páxina web www.piratasdenabia.com ou do teléfono 986 32 00 48.

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.