A Pobra concienciará ás novas xeracións sobre o coidado dos ecosistemas mariños e as praias cunha xincana ambiental

16 Xullo 2025

O Concello da Pobra do Caramiñal quere concienciar ás novas xeracións sobre o coidado e o respecto dos ecosistemas mariños e as praias. Con este obxectivo organizará a xincana ambiental Protéxeme, unha actividade ligada ao distintivo de Bandeira Azul da praia A Lombiña-Cabío e que se levará a cabo, precisamente, este venres, 18 de xullo.

O Concello organizará dúas quendas nas que poderán participar ata un máximo de 20 rapaces e rapazas con idades comprendidas entre os 8 e os 12 anos. A primeira terá lugar ás 10.30 e a segunda ás 12.00 horas. O lugar de recepción e inicio das propostas participantes será no propio areal e estará indicado con bandeirolas de cor azul.

A través desta iniciativa, o Concello pretende sensibilizar e promover a protección dos seus ecosistemas mariños e praias, previndo sobre a necesidade de retirar residuos sólidos urbanos nestes espazos.

As inscricións poderán realizarse ese mesmo día no lugar onde se sitúen as bandeiras. En caso de previsión meteorolóxica adversa, a actividade adiarase para outro día.

A praia de Cabío-Lombiña na Pobra, recoñecida un ano máis coa Bandeira Azul

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Desde la ventana”. Mario Clavell

“Desde la ventana”. Mario Clavell

En este martes laborable miro desde mi ventana de trabajo el valle del Sarela, monte Pedroso detrás, los cultivos agostados debajo, el barrio de Casa Novas y la Casa del Presidente. Nubes de otoño y algunas gaviotas que planean. Chopos y plátanos amarillean en este...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.