A nova edición do certame de teatro Festivalle súmase á celebración do Ano Castelao

02 Xullo 2025

Este mércores 2 de xullo presentouse en Vilanova unha nova edición do certame de teatro Festivalle, que se dedica en exclusiva a obra, figura e legado de Ramón María del Valle-Inclán e que, neste 2025, sumase á celebración do Ano Castelao “para difundir e dar a coñecer a estreita relación persoal e artística entre ambos”. Así o explicou o secretario xeral da Lingua, Valentín García, na presentación da programación, que se desenvolverá, do 8 ao 11 de xullo, na localidade pontevedresa de Vilanova de Arousa.

Por certo que o certame conta novamente co apoio da Secretaría da Lingua.

García considerou “totalmente atinada” a incorporación deste festival aos festexos que ao redor do intelectual galeguista está a desenvolver a Xunta, que declarou Ano Castelao este 2025, co gallo de cumprirse o 75 aniversario do seu pasamento. Nese senso, puxo en valor a amizade entre os dous autores e a defensa que o intelectual de Rianxo facía do galeguismo de Valle-Inclán, “de quen aseguraba que escribía en castelán o pensado en galego”, ademais lembrou que foi responsábel da escenografía de Divinas palabras.

Os vencellos persoais e profesionais entre os autores de Luces de Bohemía e Sempre en Galiza estarán presentes no Curso de Verán, que este certame celebra paralelamente ás representacións teatrais. Así, nesta actividade inclúense os relatorio A recepción de Valle-Inclán polo galeguismo, a cargo de Jorge Carril, e Valle-Inclán e Castelao, a cargo do xornalista e crítico de arte Ramón Rozas.

A cuarta edición do Festivalle dará comezo coa representación de Los cuernos de Don Friolera a cargo da Teatro del Canal. Durante os días seguintes, a programación desenvolverase por diferentes espazos de Vilanova de Arousa, onde se poderá gozar de La Rosa de Papel, de Teatro Tribueñe, compañía que tamén representará El embrujado. O peche do festival será para conmemorar o centenario este ano da estrea de La cabeza del Bautista coa proxección dun documental audiovisual inédito.

Programación Ano Castelao

Ademais desta incorporación de Festivalle ao Ano Castelo, compre salientar que a peza central da programación é a exposición Castelao. Mirar por Galicia, que o Goberno galego inaugurou a pasada semana na Cidade da Cultura e na que se pode gozar dunha experiencia inmersiva única onde o intelectual galeguista volve á vida.

De igual xeito, ao abeiro desta celebración a Xunta renovou a cátedra de investigación e divulgación sobre a súa figura e dixitalizouse o Anteproxecto do estatuto de autonomía 1932-1936, no que Castelao xogou un papel fundamental. Así mesmo, en colaboración coa Fundación Castelao e a Editorial Galaxia, editaranse as dúas versións da emblemática peza teatral Os vellos non deben de namorarse. Desta forma, será a primeira vez que se realice a publicación simultánea dunha das obras máis populares da dramaturxia galega, estreada en Bos Aires en 1941.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.