A marca Lirio de Ribeira arrasa no XVII Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia

18 Xullo 2025


Menos de dúas horas foron o que duraron as máis de 1.000 racións do produto Lirio de Ribeira que serviu a OPP83-Cooperativa Sociedade Galega do Mar Santa Uxía, coa axuda do catering Baiuca, durante a segunda xornada do XVII Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia, que se celebra en Ribeira entre os días 16 e 20 de xullo.

A OPP83 ofreceu unha degustación gratuíta de Lirio de Ribeira en tempura durante a celebración do XVII Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia, que organiza estes días Culturmar en colaboración coa Confraría da Dorna e do Concello de Ribeira, entre outras entidades. A acción da OPP83, que se desenvolveu este venres a partir das 12.30 horas, gozou de gran expectación entre as persoas asistentes, tal e como demostran as ringleiras que se rexistraron para facerse cunha ración deste peixe branco que representa a principal captura na lonxa de Ribeira.

Durante a degustación estiveron presentes integrantes da OPP83 como o seu presidente José Antonio Pérez, a súa xerente María José Casais e o membro do Consello Reitor Pablo Pérez. A iniciativa da Cooperativa recibiu tamén o apoio concelleiro do Mar de Ribeira, Fernando Abraldes, do alcalde de Ribeira, Luís Barral, e da xefa de distrito da Capitanía Marítima de Ribeira, Leire Blanco.

A directiva da OPP83 felicitou ás entidades organizadoras polo excelente e duro traballo feito na celebración dun evento de tal magnitude e agradeceu que tiveran en conta o Lirio de Ribeira neste encontro. Casais tamén quixo subliñar a necesidade de manter viva a cultura mariñeira con actividades deste tipo nas que se mestura tradición, navegación e gastronomía como parte da memoria colectiva de Ribeira e do conxunto de Galicia.

Lirio de Ribeira, un peixe de marca garantida

O Lirio de Ribeira é a marca colectiva rexistrada pola OPP83 a finais de 2022 na Oficina Española de Patentes e Marcas (OEPM). Os barcos que capturan o Lirio de Ribeira deben cumprir unha serie de parámetros de calidade para poder vender o peixe baixo esta etiqueta. O peixe amparado por esta marca conta cun dobre etiquetado: a etiqueta de rastrexabilidade co caderno de viaxe do produto pesqueiro e un distintivo co logo do Lirio de Ribeira que garante a procedencia, frescura e orixe do peixe.

Esta acción promocional integrada no programa de Culturmar forma parte do PPeC 2025 da OPP83, co-financiado pola Xunta de Galicia e o Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e Acuicultura (FEMPA).

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.