A Inchadiña Branca Vela sae este ano de Rianxo

22 Xullo 2025

A Inchadiña Branca Vela sae este ano de Rianxo. O sábado 26, ás 10:00 horas, ducias de embarcacións tradicionais partirán do porto rianxeiro para remontar o río camiño de Padrón. Ademais, as embarcacións tradicionais están citadas o venres 25, ás 19:00 horas, para homenaxear a Castelao no Paseo da Ribeira.

O 26 de xullo uniranse á Inchadiña branca vela embarcacións tradicionais de todo o país, nunha nova homenaxe das xentes do mar a Rosalía de Castro, e xa van doce. Subirán os ríos Ulla e Sar embarcacións chegadas de toda Galicia, chamadas pola Fundación Rosalía de Castro e a A.C. Dorna da Arousa.

O percorrido será o tradicional, pero, como dixemos, haberá embarcacións que saian de Rianxo ás 10 horas: subirán ás 16.00 horas desde a praia fluvial de Vilarello en Cordeiro (Valga) ata Padrón, onde se lle renderá unha homenaxe a Rosalía diante da súa estatua no espolón de Padrón.

Esta actividade, que se celebrou por primeira vez en 2013 para celebrar o 150 aniversario da publicación de Cantares gallegos, xurdiu como iniciativa das xentes da cultura marítima para honrar a unha autora que no dito libro do poemas falaba das dornas que subiran Ulla arriba no seu tempo.

Venres 25 de xullo

Ás 19:00 horas
Homenaxe a Castelao na súa estatua en Rianxo por parte dos mariñeiros participantes

Sábado 26 de xullo

10.00 Saída do porto de Rianxo
16.00 Saída de Vilarello (Cordeiro, Valga)
18.00 Chegada prevista ao Espolón de Padrón (aproximada)

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.