A flautista catoirense Sofia Vidal, gañadora do concurso das II Xornadas de Frauta de Galicia

08 Xullo 2025

O Concurso de Frauta de Galicia premia o talento de novos intérpretes nun acto cheo de emocións- Celia Órpez, Sofía Vidal e María Fernández, gañadores do concurso nas Xornadas de Frauta de Galicia

Sofia Vidal

O Auditorio de Galicia acolleu onte a gala de entrega de premios do Concurso de Frauta de Galicia, un certame que reuniu a 15 finalistas de todo o Estado e que destacou pola súa extraordinaria calidade interpretativa. O xurado, composto por recoñecidos pedagogos, cualificou o nivel como “elevadísimo”, o que motivou a entrega de máis premios especiais e mencións que en edicións anteriores.

Na categoría A (de 8 a 10 anos), o primeiro premio foi para María Fernández (Sada), seguida por Álvaro Martínez (A Coruña). Na categoría B (de 11 a 14 anos), Sofía Vidal (Catoira) proclamouse vencedora, mentres que Ángela Tronceda (Ames) quedou en segundo lugar e Gonzalo Pando (Casinos, Valencia) recibiu unha mención especial. Na categoría C, o primeiro posto foi para Celia Órpez (Jaén), seguida de Alexandra Pichurina (Oviedo), cunha mención para María Rosa Jimeno (tamén de Jaén).

A gala estivo tamén marcada pola entrega de premios especiais concedidos por diversas entidades. Celia Órpez recibiu o galardón do Consulado de Escocia e da Orquestra GAOS, sumando tres recoñecementos na súa categoría. A mesma orquestra tamén premiou a Sofía Vidal (categoría B) e Álvaro Martínez (categoría A). A Orquestra e Coro da USC distinguiu a Estela Blanco (Corcubión), mentres que a Federación Galega de Bandas de Música recoñeceu a Fiz Lede (Mos) e novamente a Gonzalo Pando. Pola súa parte, a Banda Municipal de Música da Coruña escolleu como premiada a María Rosa Jimeno.

Antes da entrega de premios celebrouse o primeiro dos concertos das II Xornadas de Frauta de Galicia, protagonizado polas frautistas Ruth Pereira e Erika Macalli, acompañadas ao piano por Esteban Domínguez. A velada sorprendeu coa incorporación do trombonista da Komische Oper Berlín, André Melo, que interpretou unha versión única da Muiñeira de Chantada. O broche final púxoo o director artístico do evento, André Cebrián, co coñecido Tico-Tico, interpretado xunto ao resto dos músicos, recibindo unha calorosa ovación do público.

Seis días de música e formación en Compostela

As II Xornadas de Frauta de Galicia continúan ata o domingo 13 de xullo cun intenso programa de concertos de cámara ás 20:30 horas en espazos emblemáticos de Santiago. As entradas, a 10 euros, están dispoñibles en www.frautagalicia.com/conciertos e na taquilla media hora antes de cada recital.

O Hotel AC Palacio del Carmen acollerá ata o 10 de xullo actuacións como:

  • De Promesas a Referentes, con Silvia Rozas e os gañadores do concurso.
  • De Bach ao Caribe, con Christina Castellanos e Laurent Blaiteau.
  • A interpretación da Sonata para frauta, viola e harpa de Debussy, a cargo de seis destacados intérpretes.

O venres 11, o Hostal dos Reis Católicos será escenario do concerto con Xavier Lozano e frautistas da Orquestra Sinfónica de Galicia. O sábado 12, a música trasladarase á Capela das Ánimas co recital Haydn en Guláns, con Luis Soto e un cuarteto de corda. O concerto de clausura terá lugar o domingo 13, novamente no Hostal dos Reis Católicos, con André Cebrián, Diego Aceña, Paula Padín e Esteban Domínguez ao piano.

Outros artigos

Este domingo 12 celébrase a XII Carreira pola Diversidade de Ambar

Este domingo 12 de xullo, terá lugar a celebración da Carreira pola Diversidade dende as 10h na explanada de Coroso (Ribeira), tras o aprazamento da data inicial no mes de maio. A gran novidade desta edición é o enfoque cara a unha "experiencia transformadora". Ambar...

+

Julián Bustelo e Ana Vidal visitan a rapazada do Concilia Verán 2026

O alcalde de Rianxo, Julián Bustelo, e a concelleira de Xuventude, Ana Vidal, visitaron esta semana aos nenos e nenas participantes no programa Concilia Verán 2026: unha completa axenda de actividades para favorecer no concello a harmonía entre o tempo de lecer da...

+

Este sábado celébrase a Festa de San Benito de Bergondo (Noia)

Este sábado 11 de xullo, a parroquia de Bergondo (Noia) vai celebrar a súa tradicional Festa de San Benito cunha programación pensada para todas as idades: sesión vermú, gastronomía, inchábeis con auga, festa da escuma e moita música ata ben entrada a noite. A festa...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Etapas vitais” – José Manuel Pena

“Etapas vitais” – José Manuel Pena

O verán é unha boa estación para o descanso, a lectura e a reflexión, sen esquecernos do goce da praia ou do monte, segundo as preferencias de cada quen. Cando miramos atrás dámonos conta da experiencia que adquirimos co paso do tempo e dos erros que cometemos, na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.