A Deputación presenta os 20 gañadores do I Fondo de apoio a proxectos culturais singulares para a mellora social

03 Xullo 2025

O Pazo Provincial da Deputación da Coruña acolleu este 3 de xullo un encontro coas 20 empresas gañadoras do I Fondo de apoio a proxectos culturais singulares para a mellora social. Trala presentación da deputada de Cultura, Natividade González, e a explicación técnica da xefa de sección, Manuela Lorenzo, as persoas representantes de cada proxecto explicaron cadansúa proposta. Este certame reparte un total de de 298.433 euros entre os 20 proxectos premiados, en achegas de entre 7.500 e 22.500 euros.

A listaxe inclúe gravacións podcasts, contidos dixitais e unha proposta de Iago Gordillo destinada a localizar videoxogos en galego, creando un catálogo de videoxogos na nosa lingua, dinamizándoo e cunha campaña de difusión do mesmo.

O obxectivo é “apoiar os iniciativas culturais que desenvolven propostas en lingua galega de interese para campos de acción social como os seguintes: igualdade, dereitos civís, respecto á diversidade, respecto ambiental, aumento de estima colectiva e cohesión social, integración social, sensibilización patrimonial e identidade local, memoria democrática etc”.

As persoas representantes dos proxectos premiados explicaron as súas propostas e agradeceron o apoio da Deputación da Coruña, afirmando que “de non ser por este certame, moitos destes proxectos non verían a luz xa que non teñen unha orientación lucrativa”.

Proxectos premiados

-Laura Romero presenta o proxecto Cores e rock para un ecoloxismo molón con Pakolas, que xunta música e ilustración nun espectáculo para un público infantil, destinado concretamente a colexios pequenos e Unitarias.

-María Victoria Teijeiro Alvarez. ComunitArte: Comunicación, Comunidade e Arte que pon o foco na inclusión a través de representacións nas rúas con e sen diversidade funcional.

-Juan Pablo Rodriguez Santiago. Antes aquí había un muíño pretende recuperar a memoria do muíño da Gramela, na Agra do Orzán a través de intervencións artísticas, obradoiros, accións poéticas ou unha exposición fotográfica no barrio para traballar os vínculos da comunidade.

-Zinthia Del Valle Alvarez Palomino. A Coruña entre memorias. Historia, colonialismo e identidade. A través de actividades de investigación e divulgación analiza a pegada colonial na Coruña, urbanización, no patrimonio, e identidade local, e recoñecer o papel esencial de grupos de persoas inferiorizados e visibilizar experiencias e memorias.

-Aantena. Eco de sol. Proxecto interdisciplinar de teatro, memoria e participación cidadá para reflexionar sobre identidade e territorio.

-Rebordelos.Regatos polo aire. Curta documental que captura o saber, as ferramentas e o proceso de elaboración das sellas, así como a relación da cultura galega coa auga e o proceso cultural que se está perdendo. Tamén inclúe concertos en fontes da Coruña.

-Azul Mais Verde. Tempos para compartir: Espeteiras comunais na area. Recuperar o imaxinario e crear conciencia medioambiental promovendo a inclusión social a través das espeteiras, un moble tradicional, que se instalarán en diferentes praias de concellos da Costa da Morte.

-Elefante Elegante. Proxecto de mediación integral que fomenta a xeración de públicos e a activación do pensamento crítico arredor da temática de alta costura, espectáculo que reflexiona sobre a industria téxtil e as súas consecuencias socio – ambientais.

-Nós Television. O Vagón, videopodcast televisivo da cultura galega. Unha viaxe en tren conducida polo xornalista Luís Pardo e a influente @todomalva.

-Artyc Content. Becho. Curtametraxe de animación baseada nunha historia real que aborda a ansiedade social dunha persoa non binaria, que habita nun novo contexto poñendo o foco nos seus sentimentos.

-Work On Sunday. Amplificando a memoria. Investigación patrimonial da familia Portela Seijo a través dunha instalación sonora; sesións de escoitas comisariadas por artistas e colectivos locais e internacionais, e un panel didáctico.

-Despunte. Martinete: maquetas accesibles do patrimonio industrial coruñés. A actuación principal é a realización dunha maqueta interactiva e accesíbel dun martelo de foxo hidráulico para divulgar o patrimonio industrial galego.

-Iago Gordillo Trigo. Xogo galego. Un proxecto destinado a localizar videoxogos en galego, creando un catálogo de videoxogos na nosa lingua, dinamizándoo e cunha campaña de difusión do mesmo.

-Tarabela Creativa. Cruzar sen mirar. Un videopodcast que ten como elemento principal un espello, e que fala sobre a inmigración da man de diferentes ONGs e entidades para facer un proceso previo de investigación.

-Laboratorio Escenico. Miña casiña, meu lar é un proxecto teatral de identidade galega para defender os barrios (concretamente, Montealto) e o dereito á vivenda, que aborda a cuestion de clase, patrimonio e cohesión.

-Charlatana. Herdeiras dun mar de madeira. Proxecto documental que nace da inquedanza sobre unha historia familiar vinculada á carpintería de ribeira.

-Xosé Antón Moure. Documental sobre a vida de Alexandre Finisterre: inventor, loitador pola liberdade, antifascista e creador comprometido coa cultura.

-Serea Producións. Antes de que o leve o vento. Historia audiovisual sobre unhas pequenas sementes e a súa rastrexabilidade para poñer o foco no que comemos para atopar e dar a coñecer as sementes autóctonas galegas.

-Ciencia Galega Industrias Creativas. Ciencia é Nome de Muller. Documental e unidade didáctica sobre as científicas coruñesas da actualidade e os seus referentes.

-Aqueladas. Marzo 68. Documental interactivo enfocado á rapazada sobre o peche de estudantes na USC en marzo do 68, precedente á primavera francesa.

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.