A Deputación destina 90.000 euros á Asociación de Desenvolvemento da Ría de Muros e Noia e 143.750 euros á Mancomunidade Barbanza Arousa

01 Xullo 2025

A Deputación da Coruña vén de aprobar a resolución definitiva das axudas do programa DP0030, dirixido a entidades sen ánimo de lucro que traballan na promoción turística. Esta liña de subvencións supón un impulso económico de 2.062.060,60 euros destinados a apoiar 18 proxectos que contribúen á dinamización e vertebración do territorio a través do turismo.

As entidades beneficiarias abranguen desde asociacións de concellos e grupos de desenvolvemento rural ata fundacións e mancomunidades, todas elas con iniciativas orientadas á promoción de destinos, produtos turísticos e eventos de interese estratéxico para a provincia.

O vicepresidente provincial e titular de Turismo, Xosé Regueira, destacou “a obriga de facilitar o traballo e a cooperación entre todos os axentes do sector para a promoción turística da provincia dende un punto de vista sostible pero tamén cohesionado e que prima a calidade”.

En detalle, as axudas distribúense do seguinte xeito:

A Asociación para a Xestión do Xeoparque do Cabo Ortegal recibirá 152.500 euros para continuar co desenvolvemento turístico deste espazo recoñecido pola UNESCO.

A Asociación de Concellos do Camiño Inglés contará con 187.500 euros para impulsar esta ruta xacobea, mentres que a Asociación de Concellos do Camiño de Fisterra e Muxía percibirá 124.842 euros.

A Asociación de Concellos da Vía Verde Compostela‑Tambre‑Lengüelle, que promove o aproveitamento turístico das antigas vías ferroviarias, obterá 168.000 euros. Pola súa parte, a Asociación OPC Galicia recibirá 176.250 euros, e a Asociación de Desenvolvemento Rural Mariñas‑Betanzos contará con 187.500 euros para proxectos no ámbito do turismo sostíbel.

Outras entidades beneficiadas inclúen a Asociación de Empresarios e Promoción Turística de Camariñas, con 69.940 euros, e a Asociación Rural de Desenvolvemento da Ría de Muros‑Noia, con 90.000 euros. Tamén a Asociación Socio‑Cultural Auga e Sal, promotora de actividades culturais ligadas ao turismo, recibirá 38.000 euros.

En canto aos organismos de carácter supramunicipal e fundacións do sector, o Consorcio de Turismo e Congresos da Coruña recibirá 187.500 euros, a Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) obterá 119.400 euros, a Fundación A Coruña Convention & Visitors Bureau disporá de 183.750 euros, e a Fundación do Instituto Feiral da Coruña será beneficiaria de 187.455,94 euros.

A empresa pública Información e Comunicación Local, S.A. (INCOLSA) recibirá tamén 187.500 euros, mentres que a Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol terá unha achega de 181.250 euros. A Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ordes contará con 68.750 euros, e a Mancomunidade Ría de Arousa‑Zona Norte con 143.750 euros. Finalmente, a Sociedade Mixta de Turismo de Ferrol percibirá 125.000 euros.

Este programa de subvencións reflicte a importancia do apoio público ao tecido asociativo turístico da provincia. As axudas permiten reforzar o papel destas entidades na creación de oferta turística estruturada, sostíbel e de calidade, contribuíndo ao desenvolvemento socioeconómico dos concellos e comarcas da Coruña.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...