A Consellería do Mar impulsa a formación pesqueira en Ribeira con máis de 144.000 euros

05 Xullo 2025

A Consellería do Mar continúa a súa aposta pola profesionalización e competitividade do sector marítimo-pesqueiro galego a través de novas iniciativas formativas. A titular do departamento, Marta Villaverde, visitou este sábado o Curso de Mariñeiro de Ponte, que se desenvolve en Ribeira co apoio económico do Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA).

Esta formación conta cun investimento de 144.576 euros, achegados pola Xunta de Galicia dentro da liña de axudas 2024-2025, e beneficia directamente a 20 persoas. A acción insírese nun conxunto de 26 cursos que inclúen tamén temáticas como seguridade marítima, loita contra incendios, formación sanitaria, embarcacións de supervivencia, botes de rescate rápidos, mariñeiro de máquinas ou condución segura.

Segundo destacou Villaverde, estas iniciativas son fundamentais para facilitar o relevo xeracional no sector e mellorar as condicións laborais dos profesionais do mar. En total, o Executivo galego destina 1,5 millóns de euros para o desenvolvemento destas accións formativas, que se suman ás impartidas polos centros dependentes da consellería.

Ao longo de 2024, xa se celebraron 20 cursos organizados por seis organizacións pesqueiras, que formaron a 273 persoas. A oferta amplíase este ano con 97 novos cursos promovidos por 17 entidades, entre as que se atopan as confrarías de Ribeira, Noia, Porto do Son, Lira, O Grove, Burela, Barallobre e a Cooperativa de Armadores de Vigo.

“A formación é unha ferramenta esencial para asegurar o futuro do sector pesqueiro galego, facelo máis competitivo e seguir liderando en Europa”, subliñou a conselleira durante a súa visita.

Outros artigos

O Concello do Dodro rende homenaxe a Moncho Reboiras

O Concello de Dodro organiza unha homenaxe a Ramón Reboiras Noia, Moncho Reboiras, este mércores 12 de agosto, ás 13.00 horas na Lavandeira (Imo). Data na que se cumpren 51 anos do seu asasinato en Ferrol a mans da policía franquista. O aniversario do pasamento de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“12 de agosto de 1975”. Xosé González Martínez

“12 de agosto de 1975”. Xosé González Martínez

Sempre tiven curiosidade pola etimoloxía da nosa onomástica. Pero tamén polosalcumes, para coñecer as razóns que os motivaron. De aí que sexa un atento lector dostextos das esquelas que se publican nos xornais.O mes de agosto sempre foi un mes moi festeiro. Por estas...

“El rey ausente” – Manuel Domínguez

“El rey ausente” – Manuel Domínguez

El rey ausente. Los muertos son números que forman parte de una estadística. ¿Números? Si. Si muere en el exterior, es el número del pasaporte, si muere en el hospital en número de la seguridad social, si muere en casa el número del DNI. Los 100 muertos en el mar,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.