A campaña estival “Non esquezas doar antes de veranear” recala na Pobra

22 Xullo 2025

A campaña estival Non esquezas doar antes de veranear desenvolvida pola Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS), chega ata o concello da Pobra do Caramiñal para “recoller a solidariedade da súa veciñanza”.

Para facilitar a participación dos doantes, a unidade móbil de ADOS estará emprazada no carril de servizo, arredor da praza Maior, en horario de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 21:00 horas. Como mostra de agradecemento, as persoas que se acheguen a doar recibirán un agasallo especial para este verán.

Desde ADOS sinalan que “neste período e necesario unha maior sensibilización da cidadanía para que participe nas campañas de doazón, posto que a demanda de hemoderivados non decae durante o verán”.

A actual campaña que desenvolve ADOS pretende acadar as 27.000 doazóns que precisan os hospitais galegos nestes meses, e para iso, percorre diariamente a xeografía galega para chegar aos 220 concellos previstos no período estival.

Colaboración do concello

A localidade da Pobra do Caramiñal, acadou as 401 doazóns de sangue en 2024, cunha taxa de 44 doazóns por cada 1.000 habitantes e ano, o que supón cinco puntos por riba da media galega (39/1000). Deste xeito, ADOS quere amosar o seu agradecemento pola colaboración do concello da Pobra do Caramiñal, e especialmente “pola súa axuda e apoio no desenvolvemento desta campaña estival, co fin de garantir o subministro de sangue aos nosos hospitais”.

A campaña estival, que arrincou o pasado 13 de xuño e que se estenderá ata o 15 de setembro, está levando a cabo un intenso labor informativo, en colaboración cos concellos que achegan información sobre a doazón de sangue a todos os veciños e veciñas e ao todo o tecido asociativo de cada municipio.

Participación na doazón

Grazas a colaboración de toda a sociedade galega, case 31.000 pacientes recibiron unha transfusión dun compoñente sanguíneo no pasado ano, e ADOS agradece a súa participación as persoas que doan sangue.

Sen a colaboración altruísta de milleiros de doantes de sangue cada ano, sería imposible realizar intervencións cirúrxicas, transplantes de órganos, transplantes de medula ósea ou axudar a doentes que loitan contra o cancro ou a leucemia.

Calquera persoa entre 18 e 70 anos que pese máis de 50 quilos cunha boa saúde, pode achegarse ás unidades móbiles de ADOS ou aos locais de doazón de sangue nas sete grandes cidades, onde serán atendidos por persoal sanitario especializado.

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.