A Big Band da Escola de Música de Rianxo inaugura o Festival Noites de Jazz

30 Xullo 2025

A EMR Big Band (a Big Band da Escola de Música de Rianxo) encheu na noite deste martes 29 de xullo a céntrica praza Rafael Dieste da vila rianxeira co concerto inaugural do Festival Noites de Jazz. O concerto deste martes, que foi un éxito de público, foi o punto de partida do festival pero tamén o colofón ao Curso de Big Band impartido durante todo o mes de xullo na Escola de Música de Rianxo incluíndo materias como historia do jazz, teoría aplicada, técnicas instrumentais, improvisación e repertorio.

Lembrar tamén, no capítulo formativo, que do 26 ao 30 de xullo Francisco Muñiz imparte un curso de baile de swing no Cuartel Vello. Rematará cun baile social de clausura o 2 de agosto na praza Rafael Dieste.

Concertos – praza de Rafael Dieste – 22.00 h

29 de xullo: Big Band da EMR.

30 de xullo: Pablo Sanmamed Trio + Benxamín Otero, galardoados co Premio Martín Códax 2024.

31 de xullo: Swing Titáns, homenaxe á época dourada do swing.

1 de agosto: Sumrrá, trío galego máis internacional, celebra o seu 25 aniversario cun repertorio dos seus mellores temas.

Podemos consultar todo o programa na páxina web do Concello de Rianxo.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.