A Alameda de Noia acolle este 2 de agosto o I Torneo de Pickleball

30 Xullo 2025

As e os seareiros dos deportes de raqueta van ter esta fin de semana en Noia unha cita diferente: a primeira edición do Torneo de Pickleball, que se celebra este 2 de agosto, a partir das 10.00 horas, e que ten as inscricións abertas ata este mércores 30 de xullo, a través de Internet. A proba, que está previsto que se desenvolva na Alameda de Noia, inclúe categorías sénior e sénior de máis de cincuenta anos. Organizan Pickle360 e a Concellería de Deportes de Noia. Haberá degustación de pizza para as persoas participantes, amais de agasallos, sorteos de material deportivo e empréstamos de pas para xogar.

Para quen non o saiba, o pickleball é un deporte de pas (ou deporte de raqueta) que combina elementos do tenis,​ pádel, bádminton e tenis de mesa, e no que dous ou catro xogadores golpean unha bóla por encima dunha rede, buscando anotar puntos e gañar set. Trátase, en palabras da organización, “dun deporte novo, divertido e para todas as idades”.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.