Este venres quedaremos baixo a influencia dun anticiclón acompañado de aire cálido procedente de latitudes máis meridionais, o que favorecerá un ambiente agradable e ceos despexados na maior parte do territorio.
A mañá podería comezar con bancos de néboa en zonas do interior, que se irán disipando co paso das horas, dando lugar a ceos pouco nubrados ou totalmente despexados.
As temperaturas mínimas non experimentarán grandes cambios respecto ás xornadas anteriores, mentres que as máximas subirán lixeiramente, favorecendo unha sensación térmica máis cálida durante o día, chegaremos ós 30 graos.
En canto ao vento, soprarán do nordés, sendo de intensidade moderada na costa e máis frouxa no interior.
Con este panorama, Galicia vivirá un venres idóneo para actividades ao aire libre, á espera de que se consolide esta mellora meteorolóxica de cara ao resto do fin de semana.

O noso mar; Vento do norte á mañá e do norte á tarde e á noite, forza 2 a 3 á mañá, 4 a 5 á tarde e 2 a 4 á noite. Mar ovellado á mañá, forte marusía á tarde e marusía á noite. Visibilidade boa. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 0.5 a 1.5 metros.



