Venres 20, calor suave e ceos con nubes altas

19 Xuño 2025

Este venres, as Rías Baixas quedaremos entre altas e baixas presións, coa entrada de aire cálido desde o sur, o que manterá un ambiente agradable e cálido.

Durante a xornada, os ceos estarán con nubes altas, deixando pasar o sol en moitos momentos. Porén, pola tarde medrarán nubes de evolución, sobre todo no interior da provincia de Pontevedra, o que podería provocar algún chuvasco tormentoso illado, aínda que de carácter puntual.

Ademais, as brétemas farán acto de presenza durante a madrugada e primeiras horas do día na costa, especialmente nas rías de Vigo, Pontevedra e Arousa. Estas volverán á noite, afectando á visibilidade nas zonas costeiras.

As temperaturas mínimas experimentarán un lixeiro descenso, mentres que as máximas se manterán sen grandes cambios, con valores agradables que superarán os 25 °C en boa parte da comarca.

Os ventos soprarán frouxos de compoñente norte, con posibles variacións locais. No interior, especialmente nas zonas máis achegadas a Ourense, poderían sentirse ventos do sur con algo máis de intensidade.

meteogalicia

O noso mar; Vento do noroeste á mañá e do noroeste á tarde e á noite, forza 2 a 3 á mañá e 2 a 4 á tarde e á noite. Mar ovellado á mañá e marusía á tarde e á noite. Visibilidade boa á mañá e á tarde e regular á noite. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 0.5 a 1.5 metros á mañá e á tarde e 0.5 a 1 metros á noite.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.