Unha tonelada de percebe para degustar en Aguiño, capital galega do crustáceo

21 Xuño 2025

Aguiño volverá reivindicar o seu título de “capital galega do percebe” coa celebración da XXVI edición da Festa do Percebe, que terá lugar o vindeiro domingo 27 de xullo na lonxa do porto. A presentación oficial do evento tivo lugar hoxe nunha rolda de prensa con ampla representación institucional e do sector do mar.

Monumento o percebe en Aguiño de Gonzalo Sarasquete

Compareceron o tenente de alcalde Vicente Mariño, o segundo tenente de alcalde Francisco Suárez-Puerta, o concelleiro de Mar Fernando Abraldes, o Patrón Maior da Confraría de Aguiño José Antonio Santamaría, o presidente dos Mariscadores da Confraría Manuel Ángel Reiriz e a edil Juana María Brión.

Mariño recorreu, unha vez máis, ao seu xa habitual slogan: “Aguiño, capital galega do percebe”, destacando a calidade do produto e o respaldo da concellería de Mar, que este ano incrementa o apoio económico ao evento. O edil apostou por traballar para que a festa “chegue un día a ser recoñecida como Festa de Interese Turístico Nacional”.

Pola súa banda, Santamaría xustificou o atraso na presentación debido á intensa actividade da Confraría no marco do seu Centenario, así como pola conmemoración do 80 aniversario do naufraxio do Cartaxena e a elaboración dun libro sobre a historia da Confraría, escrito polo catedrático de Historia e Percebeiro de Honra, Daniel Bravo.

A festa, que depende directamente das mareas, comezará o 27 de xullo ás 12:00 horas. O prezo da ración —uns 350 gramos por persoa— aínda está por pechar, aínda que os organizadores prevén mantelo estable. O obxectivo é “achegar o percebe á xente e dar a coñecer a súa calidade”, sinalou o Patrón Maior, que tamén anunciou medidas para reducir as longas colas, como ampliar os horarios de venda de entradas e habilitar un punto separado para bebidas.

O concelleiro de Mar, Fernando Abraldes, destacou que a súa área destinará 15.000 euros á compra do marisco, co fin de garantir un produto de primeira a un prezo accesible. Confirmou ademais que o percebe será extraído da Zona Norte, desde Punta Falcoeiro até Basoñas, incluíndo os Petóns. “O percebe de Aguiño destaca polo seu sabor, textura, cor e morfoloxía única”, engadiu.

Abraldes tamén salientou o peso da Confraría de Aguiño no sector: “Somos a confraría máis potente de Galicia, con vendas medias de 500 quilos diarios de percebe ao longo do ano”.

Finalmente, Suárez-Puerta subliñou a importancia estratéxica do percebe para a economía local, considerando a festa como “un dos grandes motores gastronómicos e económicos de Ribeira, probablemente unha das máis importantes de España e do mundo neste ámbito”.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.