“Un tempo perdido por probable contaminación radiactiva” – Antón Luaces

27 Xuño 2025

Tarde piache: durante décadas, buques de Reino Unido, Francia, Alemaña e Suiza guindaron ao Atlántico centos, milleiros de bidóns radiactivos cuxa  carga exacta se ignora do mesmo xeito que se descoñecen os presumibles efectos desa carga na flora e fauna desta ampla zona marítima na que se localiza, entre outros caladoiros, o  denominado Banco Galego.

Xa nos lonxanos anos 90, Santa Uxía de Ribeira ocupaba boa parte da actualidade internacional pola protesta exercida daquela por representantes de partidos galeguistas, socialistas, comunistas e nacionalistas que, a bordo de pesqueiros coma o Xurelo, puxeron proa á zona de vertidos, conscientes do dano que se estaba a  causar ao mar aos seus habitantes. Foron días de intranquilidade debido a que as operacións de vertido non cesaban mentres políticos e ecoloxistas percorrían de proa a popa de  cada un  dos buques contaminantes o espazo que cada un deles ocupaba no mar. Mesmo chegaron a guindar sobre os que protestaban algúns deses bidóns e utilizaren mangueiras de auga a forte presión para obrigalos a afastarse do “escenario” do vertido.

Agora, unha misión internacional analiza os efectos provocados por milleiros de bidóns radioactivos guindados por buques de porte medio ao Atlántico durante anos a uns mil quilómetros da costa galega. A estes navíos sumáronse outros de carácter militar, cuxa carga, sen ser probablemente radioactiva, si era sumamente prexudicial por se tratar de munición supostamente inservible para os exércitos mais da que o mar se encargaría de destruír sen ter en conta o prexuízo que causaban.

Como se pode comprobar, o mar sempre foi un contedor do lixo de toda caste xerado en terra, onde nunca fora tratada axeitadamente, aínda a costa  de converter o fondo mariño en cemiterios nucleares.

A misión científica tenta analjsar máis de 22.000 toneladas de material guindado ao Atlántico durante decenios e sen que durante este tempo se procedera a estudar cal era/é o seu estado, sen ter en conta quen se alimenta dos animais mariños desa ampla zona afectada nin do importante número de mariñeiros que faenan neles.

Outros artigos

“Plan de Rescate da Sanidade Pública Galega”. Xosé Mª Dios Diz

“As listas de agarda constitúen unha das formas máis sofisticadas de crueldade. Son producto dun Sistema que intentaatender a todos con recursos cos que so se pode atender a algúns”. Juan José Millás: escritor. Valencia. 1946.Esta reflexión nos indica que os...

+

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

+

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

+

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Quen engana a quen?” – Antón Luaces

“Quen engana a quen?” – Antón Luaces

Pepa Millán, a portavoz de Vox no  Congreso dos Deputados, xoga a, como mínimo, dúas bandas: ou se engana ou nos engana ao enxuiciar o que acontece estes días en Ceuta onde, desde os días 30 e 31 de xullo pasado vén falando da necesidade de expulsar da cidade autónoma...

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.