Un motorista perde a vida nun accidente contra un turismo en Padrón

08 Xuño 2025

O sinistro produciuse na estrada AC-242, no quilómetro aproximado 5, na localidade de Carcacia, en Padrón.

O 112 Galicia recibiu o aviso ás 18:20 horas, tras a chamada dun particular que alertaba dun accidente entre unha moto e un turismo. Segundo a información recibida, o motorista atopábase no chan, inconsciente.

De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia informouse do suceso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, ao Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) de Padrón, á Garda Civil de Tráfico, á Policía Local e aos efectivos de Protección Civil.

A pesar da rápida intervención dos equipos de emerxencia, o motorista faleceu como consecuencia do accidente.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...