A muller, de 79 anos, é veciña de Santiago e acudira ao areal en compañía da súa parella
Ocorreu na praia de Coira, en Goiáns, e a implicada foi trasladada en helicóptero ao Complexo Hospitalario Universitario de Santiago.
Minutos antes das 12:15 horas, un particular explicou ao 112 Galicia que acababan de sacar a unha persoa da auga na praia de Coira, en Goiáns.
De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitouse a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e da Policía Local e Protección Civil de Porto do Son.
Desde Urxencias Sanitarias mobilizouse o helicóptero medicalizado con base en Santiago, que realizou o traslado da persoa ao complexo hospitalario compostelán.




