Turismo da Costa da Morte presenta nova web

03 Xuño 2025

A Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) e a Asociación Profesional do sector Turístico da Costa da Morte (APTCM), na compaña de Turismo de Galicia e Turismo da Deputación presentaron este luns 2 de xuño, no Parador da Costa da Morte (Muxía), a nova web oficial do destino: Visitacostadamorte.com.

No acto tamén se deu a coñecer a dixitalización e tradución do emblemático libro de Xan Fernández Carrera, A Costa da Morte, Confín de Europa, así como a publicación da nova Guía de Artesanía na Costa da Morte.

Durante o transcurso do evento púxose o foco no esforzo despregado para acadar unha páxina web (Visitadocostadamorte.com) á altura do destino reflectido, que fose quen de trasladar aos internautas a beleza e a relevancia dos tesouros ambientais, paisaxísticos, patrimoniais, culturais, gastronómicos e económicos da comarca.

A páxina, presentada baixo o epígrafe Orixe do Ceo, da Terra e do Mar, non só salienta polo seu coidado deseño, ao que contribúen as impresionantes imaxes dos diferentes concellos da Costa do Morte, senón tamén polos seus recursos de utilidade postos ao servizo de visitantes e veciñanza: recursos turísticos, gastronómicos, e de natureza, aos que se suma información sobre o selo Costa da Morte Starlight, actualidade (novas), unha sección de sitios imprescindíbeis para ver e visitar (Que ver), un apartado-axenda (Que facer) ou unha sección na que se nos axuda a planificar a nosa viaxe, entre outros elementos de utilidade.

Máis de 60 asistentes participaron neste evento, entre eles, representantes institucionais de todos os concellos socios, e tamén do ámbito turístico e cultural. Tamén acudiron o presidente da CMAT e alcalde de Zas, Manuel Muíño; a vicepresidenta da CMAT, María Lema; o presidente de APTCM, Pepe Formoso e o director da Axencia Turismo de Galicia, Xosé Merelles.

Na cita estivo presente o vicepresidente da Deputación, Xosé Regueira, que puxo en valor o traballo de da CMAT e da APTCM na promoción turística do destino, “impulsando sempre novas iniciativas que son un gran exemplo de sustentabilidade e innovación”. O vicepresidente tamén salientou a colaboración público-privada, e o “esforzo conxunto” de todas as administracións “concellos, Deputación e Turismo de Galicia”.

Pepe Formoso salientou a relevancia da nova web na promoción do destino como o principal escaparate.

Pola súa banda, Xosé Merelles, destacou “o importante crecemento que está a amosar o sector turístico de Costa da Morte” e recoñeceu a colaboración entre todas as institucións.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Conservadores e progresistas” – José Manuel Pena

“Conservadores e progresistas” – José Manuel Pena

Sen ningunha dúbida os anos ofrecen moito experiencia sobre a vida. Algúns continuamos aprendendo e avanzando intelectualmente, outros se estancan e agárranse aos vellos preceptos e costumes. Así nos atopamos co que está a pasar política e socialmente nalgúns países...

“Testemuña dun golpe anunciado”. Antonio González Millán

“Testemuña dun golpe anunciado”. Antonio González Millán

Estas tardes quedas e frías de inverno son a oportunidade para atallar propósitos que, tempo atrás, e noutras circunstancias, non poderíamos atender. Chove quedo afora. Manan as beizóns da auga do ceo entre parques arborizados e poemas labrados nas pedras da...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.