“Tocar o dogma”. Xulio Xiz

03 Xuño 2025

Hai anos que circula nas tertulias a historia de relativo humor na que un terratenente andaluz vai recibindo noticias alarmantes dos braceiros en rebelión contra os latifundistas. Por nada se altera o rico propietario – queima da igrexa, toma do concello, expulsión do crego... - permanecendo impávido en tanto non lle “tocan o dogma”. Cando lle din que os campesiños ocuparon e están repartindo as terras, alporízase porque daquela si que se está tocando o que para el é intocable.
En Lugo tócase o dogma, e quen rompe as reglas do xogo ten máis que dicir que o perxudicado. Os que somos público imos á festa porque, pague quen pague, acabamos pagando nós, e polo tanto ten que ser para todos. E que unha festa ou feira, que por principio é para todos, celebre un pregón privado (pregón e público semellan conceptos sinónimos) é un contrasentido.
Que se expulse dous membros dun concello democrático, sen que ao concello lle salla un sarpullido, os grupos se poñan serios e o alcalde faga valer a inviolabilidade dos membros da institución, paréceme patético.
Non sei se é tema policial, local ou nacional; quizais xudicial, e que a fiscalía puidese actuar de oficio; da asociación de empresarios, por ser unha feira, ou do gremio de hostelería por se alguén se pasou con algunha sustancia. Pero o certo é que acaban de tocarnos o dogma. Ou somos unha democracia, e respectamos institucións e representantes, ou cada vez que votamos perdemos o tempo.
Tense dito que a democracia é o menos imperfecto dos sistemas de funcionamento dunha sociedade. A democracia ten os seus dogmas non escritos. E un ataque ao dogma non se borra porque o agresor berre máis alto.

Outros artigos

“Plan de Rescate da Sanidade Pública Galega”. Xosé Mª Dios Diz

“As listas de agarda constitúen unha das formas máis sofisticadas de crueldade. Son producto dun Sistema que intentaatender a todos con recursos cos que so se pode atender a algúns”. Juan José Millás: escritor. Valencia. 1946.Esta reflexión nos indica que os...

+

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

+

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

+

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Quen engana a quen?” – Antón Luaces

“Quen engana a quen?” – Antón Luaces

Pepa Millán, a portavoz de Vox no  Congreso dos Deputados, xoga a, como mínimo, dúas bandas: ou se engana ou nos engana ao enxuiciar o que acontece estes días en Ceuta onde, desde os días 30 e 31 de xullo pasado vén falando da necesidade de expulsar da cidade autónoma...

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.