Stop Deshaucios Barbanza alerta de novos casos de fogares en risco habitacional

06 Xuño 2025

A Plataforma Stop Deshaucios Barbanza emitiu un comunicado no que alerta nun novo caso de familia en risco habitacional Segundo fai saber a plataforma, trataríase dunha familia monoparental de Ribeira en situación de vulnerabilidade, que asinou recentemente un contrato de arrendamento con Altamira Santander Real Está (antiga Aliseda Real Está) baixo o formato de alugueiro solidario co obxectivo de continuar residindo na vivenda por un prazo dun ano, prorrogábel até un máximo de seis.

O fogar, constituído por unha persoa en idade avanzada, subscribira inicialmente un contrato de arrendamento co Banco Santander, posteriormente con Aliseda e agora continúa na vivenda coa empresa Altamira Santander. A vivenda atópase na zona de praza de España de Ribeira e, segundo lembran dende Stop Deshaucios, é “aí onde Aliseda procedeu hai uns meses a desafiuzar a varias familias e a outras, en situación de vulnerabilidade, non tivo máis remedio que prorrogar os seus contratos de arrendamento, ao ser ungran tenedor”.

Por outra banda, a Plataforma Stop Desafiuzamentos recoñeceu ter observado como na comarca do Barbanza segue a perpetuarse unha falta de vivendas postas no mercado para residencia habitual. “É o momento”, indican, “de que os diferentes Concellos tomen as medidas oportunas, dentro das súas competencias ou ben instando á Xunta de Galicia para que cumpra coa Lei de Vivenda e encare e afronte o problema do excesivo número de vivendas baleiras, outras destinadas ao alugueiro turístico así como a limitación dos prezos ou os topes ao alugueiro”.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...