SOGAPS leva a solidariedade cos refuxiados saharauís ás escolas de Rianxo co proxecto “Abrigo e acubillo”

13 Xuño 2025

“Abrigo e acubillo” é o nome do proxecto solidario que SOGAPS (Solidariedade Galega co Pobo Saharaui) puxo en marcha nos centros educativos de Infantil e Primaria de Rianxo para dar a coñecer a realidade dos campamentos de refuxiados saharauís e recadar apoios para o programa Vacacións en Paz 2025.

Dende o mes de abril, o alumnado dos colexios CEIP ADR Castelao, CEIP Ana María Diéguez, CEP Xosé María Brea Segade e CRA de Rianxo decorou retallos de tea que se empregarán para confeccionar colchas solidarias. Estas colchas serán sorteadas nun festival que se celebrará o vindeiro 19 de xuño, ás 19:30, no CEP Xosé María Brea Segade.

Previamente, voluntarios de SOGAPS impartiron charlas informativas nas escolas para dar a coñecer a situación nos campamentos de refuxiados saharauís e o funcionamento do proxecto Vacacións en Paz, que proporciona a nenas e nenos saharauís a posibilidade de pasar o verán en Galicia, lonxe das difíciles condicións nas que están a vivir.

Outros artigos

Publicidade

Castiñeiras

Revista en papel

Opinión

“Del veraneo a las vacaciones”. Javier García Sánchez

“Del veraneo a las vacaciones”. Javier García Sánchez

En mis recuerdos está más que presente el modo conel que se nos premiaba al final del curso escolar yque todos conocíamos como veranear. Eran variosmeses de veraneo de infancia y juventud quediscurrían en una de las playas más emblemáticas.En mi caso la que se conocía...

“En defensa de Occidente” – José Antonio Constenla

“En defensa de Occidente” – José Antonio Constenla

Europa se ha vuelto un continente cansado, de sí mismo, de sus símbolos, de su pasado. Lo que alguna vez fue un faro de civilización, una sinfonía de culturas, hoy parece atrapada en la melancolía de quien ya no cree merecer su legado. El desarraigo se ha convertido...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.