Siradella, Peperetes-Nortemar e Fixus impóñense na XXIV Regata Concello de Rianxo, o Trofeo Elidente

16 Xuño 2025

Este pasado sábado 14 de xuño disputouse a segunda manga da XXIV Regata Concello de Rianxo Trofeo Elidente, na enseada da vila rianxeira. Tras un breve aprazamento, estableceuse un vento do suroeste que se mantivo oscilando entre os 7 e 12 nós de intensidade, o que permitiu ao comité de regatas dar a saída cun pequeno atraso sobre o horario previsto e expor un vistoso percorrido de 12 millas, con saída sen baliza de desmarque en rumbo de cinguida cara á boia do Seixo, Aurora, Moscardiño, Seixo e chegada na enseada de Rianxo, no mesmo punto de saída.

Na clase ORC A, o triunfo foi para o Siradella, de César Álvarez (CN Portosin) que navegou durante todo o percorrido tras o Corsario Thunder, seguido polo Chispetrén de Jesús Iglesias (CN Arousa Norte), o Corsario Thunder de José Jorge Durán do Club de Iates de Villagarcía e o Galopin de Manuel Franco (CND Riveira). Tras o computo das dúas mangas a clasificación xeral quedou encabezada polo Siradella, seguido polo Chispetren, o Galopin e o Corsario Thunder que non participou na primeira manga.

Na clase ORC B o Peperetes-Nortemar de José Manuel Millán Armas (RCR Galicia) fíxose coa primeira posición da súa clase desde o inicio da proba, posición que non abandonou durante todo o percorrido.

O Youkounkoun de Adolfo Castro (C.N. Portonovo), fíxose coa segunda praza seguido polo Cámping Ría de Arousa de José Manuel Pombar, que non participou na primeira proba, o Arpón IV de Iñaqui Carbajo (CN Beluso), o Alpha de Manuel Nieto González (CN Arousa Norte) e o Ráfagas II de José Carreira (CN Rianxo). Tras a compensación dos dous mangas, a primeira posición foi para o Peperetes-Nortemar, seguido do Youkounkoun e o Arpón IV.

Na clase ORC C, o Fixius, de Miguel Pérez-Lafuente (RCR Galicia) repetiu primeira posición, seguido do Piolín de Manuel Castro-Gil (CN. Arousa Norte) e o Salut de José Ignacio Salgado (CN Indepe. Galicia). Nesta clase non se producen modificacións na clasificación xeral das dúas probas.

A clasificación xeral do trofeo queda en cada clase, da seguinte maneira:

CLASE A 1º
Siradella César Álvarez
Chispetrén Jesús Iglesias
Galopin Manuel Franco

CLASE B
Peperetes-Nortemar José Manuel Millán Armas
Youkounkoun Adolfo Castro
Arpón IV Iñaqui Carbajo

CLASE C
Fixius Miguel Pérez do R.C.R. Galicia
Piolín Manuel Castro-Gil
Salut José Ignacio Salgado         


Outros artigos

O Pleno de Noia reproba ao alcalde pola xestión da Praza de Abastos

O Pleno do Concello de Noia aprobou unha nova reprobación ao alcalde Santiago Freire. A moción, impulsada de forma conxunta pola oposición —PSdeG-Noia, Marea Cidadá de Noia, BNG e o concelleiro non adscrito—, contou incluso co apoio de NO.I.A (Noieses Independentes...

+

Publicidade

Castiñeiras

Revista en papel

Opinión

“Coñecían os andares”. Luís Celeiro

“Coñecían os andares”. Luís Celeiro

Se contaran e anotaran os roubos sacrílegos perpetrados nos últimos séculos deberíanposuír unha extensa libreta de dimensións considerables, tan grandes como a listaxe dosnomes, dos topónimos e dos obxectos. E, quen rouba ou para quen rouba? Hai quen roubao perdón, o...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.