Sábado 21, ceos cubertos na costa e temperaturas en descenso

20 Xuño 2025

Este sábado, Galicia quedará situada nunha zona intermedia entre o anticiclón localizado ao leste da Península e unha serie de borrascas atlánticas.

A mañá do sábado comezará con ceos moi nubosos e humidade elevada na franxa costeira, mentres que o interior gozará de ceos máis despexados ao longo do día. A circulación de aire atlántico favorecerá a formación de brétemas nalgúns puntos do litoral e da nosa comarca, especialmente nas primeiras e últimas horas do día.

As temperaturas descenderán de forma moderada, /23-26 garos) Este cambio térmico notarse sobre todo durante a tarde e a noite.

En canto ao vento, soprará frouxo de compoñente oeste pola mañá, para virar progresivamente a compoñente norte co paso das horas.

A xornada presentarase, polo tanto, cunha meteoroloxía variable e típica de transición entre sistemas meteorolóxicos, co protagonismo repartido entre as nubes costeiras e a estabilidade relativa no interior.

meteogalicia

O noso mar; Vento variable á mañá, do noroeste á tarde e do norte á noite, forza 1 a 3 á mañá e 2 a 4 á tarde e á noite. Mar ovellado á mañá e á tarde e marusía á noite. Visibilidade regular á mañá, boa á tarde e mala á noite. Mar de fondo do oeste, con ondas de 0 a 1 metros.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...