Rudi Dudi ofrece este sábado á rapazada de Boiro o espectáculo “Clownamorado”

12 Xuño 2025

O Campo de Revelar (A Boliña, Boiro) acollerá este sábado 14 de xuño unha nova actividade de lecer para a rapazada: o espectáculo circense para público infantil e familiar Clownamorado, a cargo de Rudi Dudi. Será ás 17.00 horas e encádrase no marco da nova edición das Festas da Boliña.

Ficha artística

Elenco espectáculo

Rudi Josef Gerard Vanminsel

Dirección

RJG Vanminsel

Duración minutos

55min

Sinopse

Sobe o pano, comeza a función. Pero nada máis arrincar, o clown namórase tolamente dunha persoa do público. O seu corazón vai a mil, ponse tímido e nervioso e perde a concentración. O show cambalea e todo sae do revés, canto máis intenta impresionar ao/a seu/súa namorado/a, máis aumenta o caos. Ata que un tropezo lévao a un xogo inesperado que o arma coa suficiente valentía para dar o salto ao baleiro e declararse coa axuda imprescindible do público… Levará un pau? Ou xurdirá o amor? Unha comedia xestual e interactiva para toda a familia.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.