Ribeira mobilízase para esixir máis persoal sanitario no Centro de Saúde

19 Xuño 2025

Este xoves 19 de xuño pola mañá a veciñanza de Ribeira concentrouse diante das dependencias da Consellaría de Sanidade, en Santiago, para esixir ao SERGAS “a dotación inmediata do persoal sanitario necesario para garantir unha atención digna á cidadanía, especialmente nun momento no que se aproxima o verán e se incrementa de xeito notábel a poboación e a demanda asistencial”, reclamaron. Na mobilización compareceron varios militantes nacionalistas e a edil do BNG en Ribeira, Cruz Rivadulla, estiveron presentes na mobilización, apoiando esta reivindicación e denunciando, nas súas palabras, “a situación límite á que a Xunta do PP está sometendo á sanidade pública, ao non cubrir prazas vacantes, nin substitucións por vacacións, baixas ou permisos”.

“Non é de recibo que nun concello como Ribeira, que no verán multiplica a súa poboación, non só non se incremente o persoal sanitario, senón que se vexa reducido”, sinalaron desde o BNG, engadindo que “esta falta de previsión e planificación por parte da Consellería de Sanidade está a provocar un deterioro grave da atención sanitaria, obrigando aos centros a atender un volume moi superior de pacientes con menos efectivos, o que satura os PACs e os servizos de urxencias hospitalarias”.

Desde o BNG lembraron “que esta situación non é nova, senón que se repite dende o inverno e as listas de agarda non fan máis que esperar chegando a ter que agardar até dúas semanas para que te poida atender o médico de cabeceira”.

Para os nacionalistas, “o Goberno galego non está adoptando medidas e vota en contra das que propoñen grupos como o BNG para aprobar un plan de choque en Atención Primaria dotado de 200 millóns de euros”.

O Bloque reclamou “a activación dun plan de continxencia real, que garanta a cobertura de todas as prazas, o reforzo dos centros de saúde nas zonas con incremento de poboación estacional, e a recuperación de servizos básicos como pediatría, quendas de tarde ou atención non urxente”.

Outros artigos

Estabilizado o lume de Ribasieira (O Son)

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello coruñés do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou estabilizado ás 18,15 horas de hoxe. O lume iniciouse ás 14,42 horas de onte e segundo as últimas estimacións provisionais...

+

Este mércores 23, comeza o outono logo dun verán de récord

Este verán foi o de maior número de días con temperatura máxima por riba dos 30 graos en Compostela, segundo datos do Observatorio Astronómico da USC Comeza o outono. Foto: Santi Alvite Ás 2:05 horas do mércores 23 dá comezo o outono no hemisferio boreal. Esa hora...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.