Ribeira ingresará 162.000 euros pola poxa publica de prazas de garaxe e rochos

12 Xuño 2025

O pasado mes de xaneiro o Concello de Ribeira sacou a poxa pública 12 prazas de garaxe e 14 rochos adxudicados ao Concello en pago de débedas en período executivo. O proceso de alleamento estivo precedido dun prazo para a presentación das ofertas para que calquera persoa puidera optar a estes inmóbeis. O Concello puxo a disposición documentación complementaria a dispor das persoas interesadas nun dossier descritivo coas características físicas e xurídicas dos bens. A localización de nove prazas de garaxe figuraban na rúa Xohana Torres (na imaxe) e as tres restantes na rúa Alcalde Fernández Bermúdez. En canto aos rochos, sete estaban nun edificio da rúa Xohana Torres e os sete restantes na rúa Cristóbal Colón.

Dende o Consistorio indicaron que “para evitar a especulación cos bens, o Concello regulou a poxa para que cada persoa non puidese optar a máis de dous bens”. Rematado xa o prazo de presentación, están a piques de adxudicarse a totalidade dos bens por un valor de 162.000 euros.

Segundo o alcalde, Luís Pérez Barral, a venda total das prazas de garaxe e dos rochos que estaban sen uso suporá un ingreso para as arcas municipais de 162.000 euros. Pérez Barral declarou que “esta iniciativa xurdiu tras analizar que estes bens non estaban sendo usados polo Concello de Ribeira polo que decidimos sacalos co obxectivo de que a poboación puidese empregalos”.

Dende o Concello sinalaron que eses cartos serán destinados a demandas da veciñanza como pode ser a dotación dun novo parque infantil na praza do Centenario. Segundo o rexedor isto permite ao Concello “optimizar os seus recursos e ofrecer á cidadanía a oportunidade de adquirir prazas de garaxe ou rochos a prezos competitivos”.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.