Ribeira estivo presente no Salón de Alimentación do Atlántico en Silleda

09 Xuño 2025

Este domingo 8 de xuño rematou o Salimat Abanca (Salón de Alimentación do Atlántico) no que o concello de Ribeira estivo representado toda a fin de semana nunha caseta onde as Concellerías de Turismo e de Mar xuntaron forzas para promocionar os diferentes produtos turísticos e a magnífica gastronomía e produto de calidade que atesoura a ría de Arousa.

Un certame que se enmarca na 47.a Feira Internacional Abanca Semana Verde de Galicia, á que se desprazaron o pasado venres a Silleda, o concelleiro de Turismo, Francisco Suárez-Puerta e o concelleiro de Mar, Fernando Abraldes.

Na xornada inaugural, os concelleiros tiveron a oportunidade de apoiar a presentación e degustación da OPP83 –Sociedade Cooperativa Galega do Mar Santa Uxía– que contou coa presenza da súa xerente, María José Casais e con Criselda Iglesias coma excelente embaixadora gastronómica do xurelo, a sardiña e a marca oficial Lirio de Ribeira.

O resto da xornada os concelleiros mantiveron diferentes encontros e presentacións cos turoperadores, autoridades e visitantes que se achegaron á caseta do Concello. Suárez-Puerta salientou que o stand “tivo moita aceptación, os visitantes preguntaron e recolleron material promocional, moita xente xa nos foi coñecendo así coma as novas actividades que se están propoñendo tanto dende Concellería de Mar coma a de Turismo”.

Por outra banda o concelleiro de Mar, presentou as magníficas festas gastronómicas vinculadas ao mar como poden ser a Festa do Percebe de Aguiño, A Festa do Polbo de Palmeira ou a Festa da Navalla de Aguiño; da que adiantou que se vai a celebrar o vindeiro 10 de agosto “cun produto de altísima calidade extraído nas praias do Castro e da Catía”.

Aparte das festas gastronómicas incidiuse nunha cita importantísima no calendario de verán para o Concello de Ribeira e para toda a Península, como
é o XVII Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia que se celebrará do 17 ao 20 de xullo. Durante catro días, nesta localidade do Barbanza concentrarase unha numerosa e variada mostra de embarcacións tradicionais galegas, acompañadas dunha ampla representación das culturas marítimas de diferentes comunidades tanto peninsulares como como doutras áreas xeográficas.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.