Ribeira con Orgullo terá como pregoeiro ao veciño Rafa Moraña

24 Xuño 2025

O Concello de Ribeira presentou este martes os actos programados para celebrar o Día do Orgullo, este sábado 28 de xuño. Na cita cos medios informativos participaron a concelleira de Igualdade e Diversidade, Cruz Rivadulla; a asesora legal do CIM (Centro de Información á Muller de Ribeira), Dolores Crujeiras; o responsábel de Musieventos, Ángel Blanco; e máis José Manuel Martínez, integrante da Asociación Xiradiscos.

A concelleira anunciou que aparte de ser un día para celebrar, “é unha xornada para reivindicar os dereitos de todo un colectivo LGTBI e cremos que con este tipo de actividades, informamos á sociedade coa intención de crear un clima de tolerancia na veciñanza con este colectivo”.

Segundo explicou, as actividades para o sábado 28 serán como o ano pasado, abrindo cun acto institucional no Centro Cultural Lustres Rivas “onde este ano teremos de pregoeiro ao veciño Rafa Moraña, activista de persoas xordas LGTBI, profesor xubilado, tamén profesor do ciclo de Intérpretes de Lingua de Signos e de Mediación Comunicativas, membro da xunta directiva da Asociación de Persoas Xordas de Vigo e ex-membro da xunta directiva da Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia”.

Despois do acto institucional ás 13.00 horas celebrarase a ruada Discocleta no centro urbano de Ribeira con animación na rúa. Logo, ás 21.00 horas, terá lugar na praza da Porta do Sol unha festa nocturna onde colaboran Musieventos e a Asociación Xiradiscos que montarán un espectáculo de luz e son coa actuación do picadiscos local DJ Nell, que repasará os clásicos da música disco de varias décadas mesturado con himnos LGTBI. Tamén haberá unha pequena barra con bebidas solidarias e un vistoso photocall para compartir nas redes a través do cancelo #ribeiraconorgullo.

Ademais, na Biblioteca Municipal terá lugar unha exposición bibliográfica coa temática LGTBI. Dolores Crujeiras informou que van participar diferentes asociacións de Ribeira, “están convidadas tódalas asociacións e polo de agora confirmaron a súa presenza a Confraría da Dorna, Mulleres en Acción, Renacer, Cruz Vermella e a Asociación Amas de Casa”.

Crujeiras falou do pregoeiro desta edición: “Rafa representa a máis colectivos diversos, e consideramos que é importante potenciar a interseccionalidade que hai coa diversidade”.

Ángel Blanco, da empresa Musieventos, deu as grazas ao Concello, ao CIM e á asociación Xiradiscos “por contar con nós”, e engadiu: “A nosa empresa, sempre que pode colabora con causas xustas e solidarias durante o ano”.

Para finalizar tódolos presentes animaron á veciñanza a colaborar cos actos do 28 de xuño.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pasada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...