Ribeira celebra o Día da Bici este 15 de xuño

10 Xuño 2025

O domingo 15 de xuño, a Concellería de Deportes do Concello de Ribeira, en colaboración co Club Os Saltamontes e Asociación de Veciños de Carreira, vai organizar o tradicional Día da Bici, unha xornada para exaltar a mobilidade saudábel, limpa e respectuosa co medio ambiente. Á presentación desta cita de lecer deportivo asistiron o concelleiro de Deportes, Xabier Vídal, xunto ás concelleiras de Cultura e Educación, Juan Santos, responsábel do Club Saltamontes e os técnicos de deportes do Concello de Ribeira.

Vidal sinalou que é unha actividade lúdico-recreativa, “aberta a persoas de tódalas idades, coa cal téntase fomentar e reivindicar o uso da bicicleta”.

A actividade vaise concentrar na praza de España en Santa Uxía, a retirada de dorsais será a partir das 10:00 h da mañá para dar paso a saída ás 11:00 h. que fará un percorrido urbano ao redor de 5 quilómetros.

Haberá inchábeis para os nenos e nenas, un avituallamento e sorteos.

O concelleiro recordou que “será obrigatorio o uso de casco e levar as bicicletas nas mellores condicións posíbeis”.

Vidal falou do obxectivo desta actividade: “Que os máis novos se vaian familiarizando con este medio de transporte, que é tamén unha aposta pola saúde, a practica deportiva, o medio ambiente e pola mobilidade sostíbel”.

Para finalizar, o concelleiro agradeceu a implicación no evento do Club Saltamontes, ao GAEM e a Policía Local e ás tendas Sport BiKe e Dalle ao Pedal pola súa colaboración, ademais de “animar á veciñanza a participar nesta festa da bici”.

Por outra banda Juan Santos do Club Saltamontes recomendou seguir as normas do evento ”para gozar do día coa máxima seguridade”.

Para facer a inscrición, no formulario web dispoñíbel ou entrando na web do concello, ribeira.gal.

Outros artigos

En Rianxo abren as inscricións do Campamento de Teatro Verán 2026

O Concello de Rianxo informou de que están abertas as inscricións para o Campamento de Teatro Verán 2026, que inclúe unha manchea de actividades formativas e de lecer para permitir ás mozas e mozos "desfrutar dun verán diferente" ao tempo que desenvolven e sacan á luz...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caldaloba”, de Xosé Otero Canto”. Xulio Xiz

“Caldaloba”, de Xosé Otero Canto”. Xulio Xiz

Tiven a honra de presentar o acto que en Cospeito se celebrou arredor de  “Caldaloba”, drama histórico en verso do poeta e profesor Xosé Otero Canto.        Foi, á vez, un placer inmenso estar en Cospeito, rodeado de amigos que saben,  eu que só poido intuir e sentir...

“Caldaloba”, de Xosé Otero Canto”. Xulio Xiz

“Ofrenda” – Xulio Xiz

Celebrouse unha nova Ofrenda solemne do Antigo Reino de Galicia a Xesús Sacramentado na Catedral de Lugo. Cumpríronse 357 anos da súa institución, e cada ano as sete cidades do antigo Reino, seguen a xuntarse en Lugo – corazón do país – para honrar ao Santísimo e...