Ribeira celebra o Día do Orgullo cunha charla co activista LGTBI cubano Yoelkis Torres

23 Xuño 2025

O vindeiro sábado 28 de xuño celébrase o Día do Orgullo no que o Concello de Ribeira, a través do CIM (Centro de Información á Muller), está organizando a programación deste ano e a maiores colaborando nunha charla co activista LGTBI cubano Yoelis Torres. A cita será este martes 24 ás 20.00 horas na Porta do Sol e está organizada por Amnistía Internacional do Barbanza na que colaboran as asociacións locais Mulleres en Acción e Malas Herbas.

Á presentación da cita acudiron, a concelleira Igualdade e Diversidade, Cruz Rivadulla, Jessica García, coordinadora de Amnistía Internacional Barbanza, Nela Abella de Mulleres en Acción, Marisol Guevara de Mulleres en Acción e Amnistía Internacional e Laura Ríos da Asociación Malas Herbas

A concelleira considerou que malia se avanzou en reivindicacións e dereitos, “aínda existe no mundo moito polo que traballar” e indicou que hai países no que é ilegal ter calquera das condicións LGTBIQ+, “e mesmo perseguido”. Rivadulla puntualizou que a nivel estatal tamén hai que mellorar

porque “existen delitos constantes de odio contra este colectivo”. Rivadulla anunciou tamén que Ribeira vai ter unha serie de actividades para conmemorar esta data, “máis que conmemorar…”, indicou; “…para reivindicar os dereitos deste colectivo”.

Despois tomou a palabra a organizadora do acto Jessica García (Amnistía Internacional) que falou sobre o activista Yoelkis Torres presentándoo coma “un defensor dos dereitos humanos en Cuba, da diversidade sexual e tamén da identidade afrocubana”, explicou que Yoelkis está acollido en España dentro dun programa especial de Amnistía Internacional (España), “para protexelo das represión que sufría no seu país”. Anunciou que o acto en caso se choiva trasladarase ao C.C.Lustres Rivas e para rematar a súa intervención animou a toda a xente do Barbanza a asistir a este acto e agradeceu as colaboracións das asociacións e do concello.

Pola súa banda, Nela Abella de Mulleres en Acción, salientou “a importancia de actividades coma esta que visibilizan, no só a diversidade e os colectivos que loitan pola mesma senón as múltiples trabas que a sociedade lle pon a estas persoas”.

Marisol Guevara, de Amnistía Internacional e de Mulleres en Acción, anunciou que vai ser un acto reivindicativo pero tamén lúdico e festivo e animou á xente a participar. Contarase co presenza da poética Marta Ojea que recitará uns poemas da temática LGTBI.

A charla como tal será en formato “entrevista pública” conducida por Laura Ríos da Asociación Mala Herbas que tamén terá carácter participativo por parte do público congregado.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.