Ribeira celebra o Día da Bici con máis de 400 participantes

15 Xuño 2025

Ribeira viviu este domingo unha xornada festiva co Día da Bici, un evento organizado pola Concellería de Deportes en colaboración co Club Os Saltamontes, a Asociación de Veciños de Carreira, a Policía Local, GAEM e Protección Civil.

Máis de 400 persoas de todas as idades sumáronse ao percorrido urbano de 5 km, que arrincou ás 11:15 horas tras a recollida de dorsais. A ruta atravesou a Avenida Rosalía de Castro, o barrio das Avesadas e rúas céntricas como a Rúa de Galicia, Romero Ortiz ou Malecón Carolinas, regresando despois ao punto de saída.

Ao finalizar, os participantes foron recibidos cun avituallamento gratuíto e un sorteo de premios, que incluíu bicicletas, accesorios e material ciclista, doados por Sport BiKe e Dalle Pedal. A festa completouse con inchables para o desfrute dos máis cativos.

O alcalde, Luís Pérez Barral, e o concelleiro de Deportes, Xabier Vídal, destacaron a “alta participación e o ambiente festivo”, así como a importancia de promover a mobilidade saudable, educativa, segura e respectuosa co medio ambiente. Vidal subliñou, ademais, a satisfacción “polo número de nenos e nenas que participaron junto coas súas familias”, reforzando así os valores do uso da bicicleta na sociedade.

C.R.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.