“Ribeira acolle a Xornada Xubilar do Apostolado Seglar como símbolo de esperanza e compromiso social”. Fredi Losada

06 Xuño 2025

A Delegación para o laicado da diocese de Santiago de Compostela é o organismo que actúa no nome do arzobispo (na actualidade, D. Francisco Prieto) cunha dobre intención: por unha banda, fomentando a comuñón eclesial e a corresponsabilidade de tantos laicos e laicas na vida e misión da da Igrexa, e doutra banda, a misión da Igrexa, acción evanxelizadora, e presenza do laicado na vida pública.

A Delegación para o laicado traballa dun xeito comunitario, por iso hai un equipo de traballo do que forman parte seglares de toda a diocese, entre eles Fredi Losada, o delegado. É por iso que desde a Delegación se fomenten espazos de discernimento, de diálogo e tamén se comparte tanto a fe nun Deus que acompaña ao seu pobo como as experiencias de persoas que coa súa vida son verdadeiras testemuñas de esperanza no mundo.

Este sábado, véspera de Pentecoste, a festa da vinda do Espírito Santo, a Igrexa diocesana convoca a unha Xornada Xubilar con motivo do Día da Acción Católica e do Apostolado Segrar. Pode que nos soe un poco lonxano iso da “acción católica”, pero en realidade o Concilio Vaticano II sinalou como a asociación de laicos e laicas que se dirixe á evanxelización das persoas e dos ambientes, de xeito que poidan empapar do espíritu do evanxeo as distintas comunidades.

Unha das riquezas da Acción católica é a metodoloxía que practica, que ademais de pedagóxica é certamente liberadora, xa que nos impulsa a ser conscientes da nosa realidade máis próxima (ou sexa, Ver), estar atentos ao que nos di o evanxeo e a Doctrina social da igrexa (é dicir, Xulgar) e implicarnos cando vemos a persoas que están a sufrir, acompañar e tamén denunciar situacións de inxustiza (polo tanto, Actuar).

Non cabe dúbida que precisamente a Xornada diocesana de apostolado segrar quere poñer de manifesto que é imprescindible a presenza na vida pública dos e das cristiáns. Nun mundo marcado pola incerteza e o sufrimento, estamos chamados e chamadas a ser signos de esperanza, promovendo a xustiza, a paz e a fraternidade, comenzando no noso barrio, na nosa contorna, nas nosas asociacións, no noso pobo, no noso traballo.

Desde a Delegación temos o convencemento da importancia de que descubrimos, tanto persoas crentes como non crentes, que no camiño da vida hai moitos espazos onde podemos elixir ser instrumento de liberación, de axudar aos demais, de implicarnos na solución dos problemas que teñen a maioría de persoas e tamén de denunciar situacións de opresión e de negación de dereitos humanos básicos e universais.

A mañá do sábado, tras un momento de oración ás 11h, proseguirá cunha breve charla que impartirá Francisco Durán, profesor e voluntario de Cáritas interparroquial de Santiago. Despois haberá un traballo por grupos precisamente para favorecer o diálogo, abrirnos ao encontro do outro que nos interpela, buscando aquilo que pode mellorar a vida dos demais.

Xa pola tarde, un momento relevante será unha mesa de experiencias, que representa unha oportunidade para que crentes e non crentes reflexionemos sobre o noso papel na creación dun mundo máis xusto e esperanzador. É por iso que participarán varios seglares do Barbanza, que compartirán dun xeito coloquial as súas vivencias, como se pode construír pontes e derrubar muros desde o día a día e desde o pequeño.

Canda as 18:15 farase un xesto público no adro da Igrexa, para simbolizar a importancia da unidade e de sementar paz e fraternidade tamén nos nosos pequenos mundos, para rematar coa Vixilia de Pentecoste que presidirá o noso arcebispo, D. Francisco Prieto.

Agradecer enormemente a implicación de moitas persoas na celebración desta Xornada Xubilar, en especial da Unidade Pastoral de Ribeira, así como as persoas que compartirán as súas experiencias vitais. É un exemplo de que desde a gratuidade, desde o que move o corazón das persoas, é posible un mundo máis xusto e humán.

Outros artigos

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

Conté en comentarios anteriores la historia del italiano, Enzo Rossi, director de unafábrica de pasta, que en el año 2007 se asignó un sueldo de 1.000 euros al mes paraexperimentar en carne propia si era posible vivir con esa cantidad y comprobar así lascondiciones...

+

“La soledad, mala compañera”. Javier García Sánchez

Afecta a una de cada cinco personas en España, y se trata de una sensación deaislamiento y desconexión emocionalNos demos cuenta o no lo cierto es que cada vez vivimos en una sociedad másindividualista donde recala con fuerza la soledad no deseada. Se trata de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Santos con lentes”. Xosé A. López Silva

“Santos con lentes”. Xosé A. López Silva

Hai anos que levo un caderno de santos: datas, anécdotas e atributos rechamantes, apuntados sen moita orde nin concerto. Abre por San Xerome, o mesmo que de cando en cando volve aos xornais porque na fachada de Santa María de Pontevedra, entre os doutores da Igrexa,...

“Emerxencia habitacional” – José Manuel Pena

“Emerxencia habitacional” – José Manuel Pena

O Goberno Vasco vén de mercar ao fondo de investimento Blackstone unhas 510 vivendas con destino a alugueiros sociais para familias vulnerables. Estas noticias son as que realmente contribúen ao cumprimento do Dereito á Vivenda, recollido no artigo 47 da Constitución...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.